
O Club de Atletismo Porriño, colabora na organización da II Carreira Urbana "Festas do Cristo" no corazón da nosa vila. Esta carreira celebrarase o vindeiro día 30 de setembro de 2011 ás 18:00 h.. En total serán 1.609 m.( 1 milla ) de percorrido para os maiores de 15 anos e 100, 400 e 800 m. para os máis cativos. Na categoría adulta, haberá unha carreira popular e elite.Toda a documentación da carreira a atoparedes na sección habilitada para esta carreira na nosa páxina web. Para anotarvos, só o podedes facer vía online neste link.
Animádevos a participar. É de balde!.
Fonte da fotografía: http://www.xigantes.org
O vindeiro día 12 de setembro comezamos a tempada 2011/2012.
Estade atentos ás novas para as inscricións que colgaremos en breve nesta páxina.


De esquerda a dereita: Antonio Alix (2º Clas.), Johan Neevel (1º Clas.) e Andrés López Torres (3º Clas.)
O que fixo Andrés López Torres o pasado 30 de abril define perfectamente a esencia deste Club; unha familia modesta de xente de moitos lugares que se despraza nos seus vehículos particulares a distintos puntos da xeografía e que eleva o nome do Porriño ós podios alá onde participen; todo isto con pouco ruído mediático pero con moito esforzo físico e económico.
Así, Andrés ( Vilagarcía de Arousa ) con 47 anos de idade, tal e como fai normalmente cando hai unha proba a tiro, colleu o seu coche particular na pasada semana santa e fixo unha chea de quilómetros para plantarse na proba mundial en Extremadura. Alí celebrábase o Campionato do Mundo de Triatlón Cross no "Anillo de Extremadura" situado en Cáceres. Participando nos grupos de idade entre 45 e 49 anos, fixo unha excelente proba realizando os 1000 metros de natación, os 20 Km. de Ciclismo e os 6 Km. de Carreira a pé en 0h:16min:29seg, 1h:09min:30seg e 0h:23min:38seg respectivamente para rematar cun total de 1h:51min:56seg e alzarse ó terceiro posto mundial que nos deixa orgulliosísimos a toda a familia Porriñesa.
Esta clase de atletas, deberían terse máis en conta cando dende calquera administración se fala de subvencionar o deporte, xa que eles tanto como os novos talentos transmiten ós máis cativos valores moi positivos na práctica do deporte que sendo na modalidade de triatlón, aínda temos máis motivos para eloxialo.

Dende o Club de Atletismo Porriño, só podemos agradecerlle o pertencer a esta familia. Esperemos que sexa por moitos anos!.
Moitas gracias, Andrés.
Eres un campión dentro e fora das pistas!.
Podedesvos inscribir eiquí.


Foto extraída do álbum de picasa d@s nos@s compañeir@s de Agrudebam.
CATEGORÍAS MENORES
O pasado sábado 27 de novembro disputouse nas novas instalacións de “A Macoca”, en Tui, o Campionato Zonal de Campo a Través Escolar, organizado marabillosamente ben -coma sempre- por AgruDeBaM (Agrupación Deportiva Baixo Miño). Algo máis de 400 rapaces e rapazas chegados de Tui, Tomiño, O Rosal e Tomiño, en idades desde Benxamín ata Cadete, competiron nunha soleada pero algo fría mañá .
Con respecto ós nosos atletas, dicir que a Benxamín Feminina de primer ano Carla Guisande Vieito quedou 18ª, mentres o Benxamín masculino de segundo ano Yago López Sousa foi capaz de gañar nos últimos metros nunha emocionante carreira, subindo ó máis alto do podium. En categoría Alevín Feminina, Antía Fernández Fernández quedou terceira, remontando posicións desde a saída. En Alevín Masculino, Yago Martínez Nogueira ocupou a 12ª posición, aínda que nesta carreira tamén participou co seu Colexio Pedro Caselles o atleta do Club David Burgos Argibay, que quedou terceiro.
En Categoría Infantil Feminina, participaron Iria e Chari, quedando 1ª e 4ª respectivamente, mentres que en Infantil Masculino, Héctor ocupou tamén a 1ª posición, a pesares de chegar case coa hora xusta para correr, o que lle otorga máis mérito á súa victoria. En categoría Cadete Feminina, Uxía, Rocío, Erea, María e Miriam, cinco en total de doce participantes, ocuparon a 2ª, 3ª, 4ª, 8ª e 10ª posición respectivamente, gañando con todo merecemento a clasificación por equipos. E os Cadete Masculino non quixeron ser menos, xa que os nosos tres representantes, Carlos, Mario e Diego, tamén gañaron por equipos, quedando 2º, 4º e 7º respectivamente.
E, por se non chegaba, o domingo 28 de novembro pola mañá participaron Rasha, Héctor, Iria e Antía no 32º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través -sen choiva este ano-, nun circuito diferente ó das últimas edicións. Rasha foi terceira en Xúnior Feminina, por detrás de dúas atletas portuguesas, mentres que Héctor acadou unha meritoria 4ª posición en Infantil Masculino, pagando un pouco o esforzo do día anterior. Iria gañou a súa carreira de Infantil Feminino, e Antía fixo unha bonita carreira de menos a máis para rematar vixésima en Alevín Feminina.
CATEGORÍAS MAIORES
O mesmo Domingo, o noso Club facía presencia na VII edición Dragomán en Vilafranca do Bierzo (León), adicada este ano á memoria do benquerido Julián Bernal. Juan Carlos Vidal González lograba o posto 48º na clasificación xeral e un merecidísimo 16º posto na categoría veteráns 40 masculino. Polo comentado polo noso atleta, en canto á organización e trato recibido, anima a pensar nunha nova participación para o ano que ven. Info sobre a proba: http://www.dragoman.es/
Ó xuntarse a carreira urbana das Festas do Cristo do Porriño coa asemblea convocada para o día 01 de Outubro de 2010, obrigounos a aprazala para o mes seguinte.
A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CLUB ATLETISMO PORRIÑO, celebrarase o Venres, 05 de Novembro de 2010, ás 21:00 en primeira convocatoria e 21:30 en segunda convocatoria, nas instalacións do Club no Polígono de A Granxa (Porriño), coa seguinte ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
2. Memoria da tempada 2009-2010
3. Liñas xerais tempada 2010-2011.
4. Estado de contas.
5. Aprobación de orzamento 2010-2011.
6. Rogos e preguntas.
A esta Asemblea teñen dereito de asistencia os atletas e os pais/titores dos rapaces do Club menores de 18 anos, así coma os Socios Colaboradores e de Honra do Club.
Ante a importancia da reunión, esperamos contar coa túa presenza. Se outro particular, recibe un agarimoso saúdo.
Esta información corresponde á circular nº2 do 2010-2011 que podedes descargar eiquí.
RESULTADOS DA "I CARREIRA FESTAS DO CRISTO 2010"
Velaiquí os resultados das diferentes probas que se celebraron o pasado 1 de outubro de 2010, na "I Carreira Festas do Cristo", en Porriño. Desculpade polo retraso, debido a problemas técnicos co servidor. Ante todo, agradecer a todas ás persoas que fixeron posible esta carreira (Concello de Porriño, voluntarios, atletas e público en xeral).
Nesta primeira edición tomaron a saída un total de 240 participantes, dos que 140 foron cativos e cativas. Un marabilloso circuito urbano, que parece foi do agrado dos atletas, e un formato novedoso con algunhas cousas que quizáis na vindeira edición se poidan modificar (prazo para anotarse, recollida de dorsais, hora de comezo das categorías menores, etc.). Neste sentido, estamos abertos a todas as sugerencias que nos fagades chegar.
Para os que participastes na carreira de 2 quilómetros, e tedes especial interese nos tempos: a distancia que nos sae por plano de catastro e autocad é de 1.006 metros por volta, polo que a distancia real das carreiras popular e federada serían 2.012 metros.
¡Ata o ano que vén!
CLICK PARA DESCARGAR

O vindeiro luns 13 de setembro, comezamos a tempada 2010 - 2011.
Os horarios para este ano, non varían ós do ano pasado. De tódolos xeitos, estade atentos á nosa web, xa que estamos pendentes de que nos concedan un pouco máis de tempo de piscina.
Con respecto á xente que quera darse de alta no noso club, pode visitar a sección de inscricións. Aí aparecen detalladas as distintas modalidades de inscrición. Recordade que a inscrición non será válida sen o xustificante de pago das nosas cotas anuáis 2010 - 2011.
Para calquera dúbida, poñédevos en contacto có Club a través de
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
Recordade que tamén estamos presentes en Facebook.
Unha aperta da Xunta Directiva.
DIEGO PAZ REMATA NO POSTO 20 NA OLIMPIADA
DA XUVENTUDE EN SINGAPUR
Diego Paz rematou nun meritorio 20º posto na Olimpíada da Xuventude, na proba de tríatlon desputada esta madrugada en Singapur. O galego que saíu no posto 27º da auga, perdeu o primeiro grupo no que se escaparon 9 triatletas, enlazou no segundo grupo duns 12 triatletas. Na 2ª transición baixaron a 1'25" da cabeza polo que non lle foi posible desputar os primeiros postos da carreira.


CAMPIONATO GALEGO DE ACUATLÓN
O pasado sábado 24 de Xullo pola mañá, disputouse o Campionato Galego de Acuatlón en Ferrol, no que a nosa única representante, Iria Rodríguez Huertas, acadou un meritorio terceiro posto na categoría Alevín Feminina, sobre todo despois do desenvolvemento da proba. Nunha saída moi embarullada, tirárona o chan, ademáis de descalzala, o que lle supuxo perder bastante tempo que despois non puido recuperar, sobre todo porque estaba bastante mancada. De todas formas, hai que felicitala polo esforzo realizado.
|
|