Archivos del Autor: Atletismo Porriño

IX TRIATLÓN DE RIAZOR, a Coruña 2014

Sábado de 17 de Maio, día das Letras Galegas, celebrouse o IX Tríatlon de Riazor, primeira proba da tempada galega de tríatlon 2014 e clasificatoria para o Campionato Galego.

As 11 da maña daban comenzo a saida A, proba onde participaron Pablo Soto, Santiago Romero e Iago Sobreira. Acadando outra vez o obxetivo de rematar a proba con boas sensacións.

As 12:10 dabase a saida a categoría élite femenina, onde María Martinez  acadou un magnifico resultado quedando 4º na xeral.

E a ultima proba a masculina élite arrancou as 12:30, con 56 participantes onde participaron Ismael Lago e Pablo Reguera. Conseguindo rematar a proba e disfrutar da mesma.

A proba disputuse na modalidade de sprint, con 750 m de natación na praia de Riazor, a continuación 21,2 quilómetros do segmento de ciclismo e finalizaron coa carreira a pe de 5 quilómetros.

Parabens para Diego Paz pola sua victoria na proba!!!

 

Campeonato Galego de Distancia Olímpica, sen Drafting, Sanxenxo 2014

Fin de semana de madrugón para os nosos trileiros para participar no Campionato Galego de Triatlón, Distancia Olímpica,  sen Drafting, en Sanxenxo.
Sanxenxo substituíu  a Riveira na organización do campionato galego na modalidade olímpica, coa novidade de non estar permitido ir a roda no sector de ciclismo.

Desde a praia de Silgar, coñecida pola estatua da Madama, obra do artista Alfonso Vilar Lamelas, dábase a saída ás 8:00 da mañá, aos 340 participantes, que tiñan que dar dúas voltas a un circuíto de 750 mtrs. Ao saír do auga os deportistas tiveron que facer unha transición de 16 peldaños e 750 mtrs para poder coller a bicicleta no paseo marítimo.

Onde arrincaba o sector de ciclismo pola estrada que une Sanxenxo coa Lanzada onde se facia  o retorno,  nunha glorieta perigosa que provocou diversas caidas.

O circuíto era duro e esixente con continuos toboganes que o faía moi espectacular  e o  mar como espectador, onde os bos rodadores gozaron do sector.  A distancia a percorrer era de 40 km dividido en 2 voltas.

De novo no paseo marítimo de Sanxenxo, comezaba o sector de carreira a pé que constaba de 10 km, dividido en dúas voltas que levaba aos atletas ata Portonovo.

Os nosos trileiros que foron gozar sufrindo: Enrique Moran,Sergio Gonzalez, Manuel Salgueiro, Felipe Dominguez, Ramon Lago, Ivan Reguera,Gonzalo Simo,David Dominguez, Nacho Louriño e Víctor Mouriño.

 

Sanxenxo 2014

                                                     Iván e Ramón, unha imaxen vale mais que mil palabras

Agradecer a Cristal os seus animos e fotografías.

Parabens!! a seguir gozando.