Author - Club Atletismo Porriño

Iria Rodríguez terceira no Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta

Iria Rodríguez Huertas durante a proba. Disputouse o domingo, 2 de febrero, en A Coruña, o Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta. Nel participou Iria Rodríguez Huertas, que coma cadete, en carreiras, só pode facer 50 ml ou 3000 ml. Fixo esta última proba, o 3000 ml, acadando unha meritoria terceira posición, por detrás de Ester Navarrete...

Porriño sube ao podium no “Lúatlon” solidario do Grove

O Grove, 02/02/2014 O Grove organizou un importante dúatlon que acadou cifras de participación inesperadas. Máis de 900 inscritos ateigaron o porto do Grove neste domingo, tinxido de vermello pola marea de varias decenas de persoas voluntarias e membros da organización que portaban a equipación do evento, en memoria de Luis Miguel Figueiro Romay (coñecido por familiares e amigos como...

Aviamandu Concello de O Carballiño 2014

  Parte da representacion do club na probaFotografía: Asun   Hoxe 7 triatletas do club (Isma, Abel, Iago, Michi, Sergio, Pablo e Carames) animáronse a inaugurar a tempada oficial de dúatlon de estrada na ourensana localidade de O Carballiño. O día presentábase frío (a pesar da calor que transmite Michi conducindo) e chuvioso (sobre todo pola auga acumulada na...

Campionato Galego de Cross en Friol

Éxito de participación do Club Atletismo Porriño no Campionato Galego de Cross curto por clubs e no Campionato Galego Cadete e Xuvenil de Cross desputados en Friol (Lugo) Crónica 27/01/14   Gran parte do equipo do Club Atletismo Porriño que se dispoñía a participar nestas probas  deuse cita ás 9:00 no tradicional punto de encontro do aparcamento da...

Duatlón Cross de Maside 2014

Quique Moran no peldaño máis altoFotografía: Alberto Domínguez Din que os pronósticos ou estadísticas están para rompelas, e así fixo o noso “trilero” Enrique Morán no día de hoxe no duatlón cross de Maside, terceira proba puntuable para o circuito galego. Quique Moran vencía hoxe en contra de todas as previsións, acadando así un importante triunfo para o Atletismo Porriño....

Cross de Boborás 2014

    Representación do clubFotografía: Irene Sobreira   O domingo pasado os nosos atletas acudiron ó mini trail que organiza dende hai moitos anos o Concello de Boborás. A distancia a percorrer  foi sobre 8 km aproximadamente na proba absoluta (xunto co canicross tamén disputado), e de 4,5 km nas categorías inferiores. Primeiro, deuse a salida da proba máis...

XVI EDP Gas MEIA MARATONA MANUELA MACHADO

Co despunte do día   desprazaronse o pasado domingo varios integrantes do Atletismo Porriño, alá ata onde o río Lima mesturase cas augas do Atlántico. Alí  na fermosa cidade Viana do Castelo e a sombra do templo de Santa Luzia, congregáronse preto de 4.000 runners, para as 10:30 da maña tomar a saída dunha proba a que o bo tempo acompañou...

VI Duatlón cross de Beariz 2014

  Iván Reguera disfrutando do momentoFotografía:Cristal   Un ano máis as condicións climáticas  deron un toque máis de dureza a un percorrido de por si moi duro.  Beariz non defraudou. A mañá comezaba cunha lixeira nevada, para dar paso a intervalos de choiva e sol. Os duatletas se enfrentaban a un percorrido de 5 km  de gran beleza, pero...

Campionato Provincial de Cross en Ribadavia

Este pasado domingo celebrouse o Campionato Provincial de Cross en Ribadavia,  organizado polo Club Deportivo Aurum e a Delegación da FGA. A pesar do mal tempo, os nosos atletas fixeron presencia neste acto. Foi un circuito no que a choiva e o frio fixéronse notar, e no que o uso das zapatillas de clavos eran imprescindibles para correr polo barro....

XXXI San Xiao. Ferrol

María Martínez, atleta do noso club, marchou a fin de semana pasada a visitar á súa gran amiga Melina Alonso, unha excelente atleta tamén. En vez de sair a romper as pistas de baile, preferiu irse a rompelas nas de asfalto, na XXXI edición da San Xiao en Ferrol. Isto foi o que nos enviou por mail. Trátase da crónica...