Archivos del Autor: victor

IV TRIATLÓN CONCELLO DE ARTEIXO 2014

O domingo celebrouse a segunda proba clasificatoria do Campionato Galego de Triatlón na localidade de Arteixo, coa participación de trescentos deportistas, catro deles do noso club.

Ata alí achegáronse María Martínez, Santiago Romero, Ismael Lago e Brais Misa, a disfruar da proba.

Proba complicada polo estado da mar, con olas que superaban o metro de altura, causa que facia moi complicada a entrada e saída do sector da natación.

Arteixo 2014

O primeiro en competir foi Santiago Romero, que camiño da primeira transción comentoulle ó resto da xente que se preparan para un lavado con centrifugado!…… o humor nunca desaparece nél.

O sector da bici tiña os seus repeitos, que facían doer as pernas e coas mesmas, afrontabas o ultimo sector de 5km a pé.

A segunda en sair foi María Martínez, que o pasou como unha nena na agua. Estaba no seu medio. Rematou en cuarta posición final.

E por último sairon Isma e Brais, facendo unha boa carreira.

Cronica : María Martínez e Atletismo Porriño

 

Comida final de tempada 2014

O domingo 29 de xuño, foi a data escollida para a celebración da comida de clausura da tempada 2014.
Ás 13:00 h. do mediodia arrincou a sesión vermut, para comezar máis tarde a comida.
A tarde pasou nun suspiro grazas á sesión Karaoke……….

Momento Karaoke….

e á busqueda do tesouro, onde os máis novos foron os protagonistas.

Collendo forzas para os xogos


Ata o vindeiro ano. 

 

Fotografias: Ana Bugarín

Fotos eiquí.

II TRIATLÓN CONCELLO DE MOAÑA 2014

O sábado 28 de junio ás 17:00 h., arrancaba a segunda edición do Triatlón Concello de Moaña, de carácter popular, na que o club estivo representado por 21 trileros que tiñan ganas de pasalo ben.

 

Diego e Jose Salgueiriño antes da saída

Neste tríatlon debutou Diego Salgueiriño, outro atleta que conseguimos enganchar ao triatlón.

Na proba disputábase a distancia de nado de 750m. no mar, con saída á carreira dende a praia (un dos momentazos do tríatlon). O circuito da bici cunha distancia de 20 km., facíase en varias voltas sobre un percorrido de subida e baixada, sendo bastante complicado polos numerosos badenes. E para finalizar, 5 km. a pé polo paseo con vistas ao mar.

 

Momento de saída do triatlón

 

Outra tarde de diversión prácticando triatlón.

Fotografías: Carlos Álvarez

Fotos eiquí.

NORTHWEST TRIMAN AS PONTES 2014

O domingo 15 de Xuño de 2014 para Enrique Morán, Víctor Mouriño, Miguel Fernández e Santiago Romero estaba marcado no calendario en “roxo” dende hai moitos meses. Daba a impresion como de que nunca ía chegar….pero ao fin chegou e xa non habia volta atrás, acabouse o de dicir “vou facer un Aironman”; agora tocaba agarrar o touro polos cornos, e demostrar o que cada un a sua maneira e con obxetivos moi diferentes levabamos tanto tempo preparando.

 

fotografía: Ana Bugarín
Charla técnica do sábado, empezaba a tensión.

Do sabado non non hay moito que dicir, pero xa se palpaban os nervios cando estabamos escoitando a charla técnica sentados na herba.
 
E ao fin chegou o día, nos momentos previos a saida cando nos estabamos poñendo o neopreno as palabras sobraban e o medo ao fracaso estaba no aire, pero xa sabemos como e eso, e dar a salida tirarse a auga e todas esas sensacións negativas esfumanse no momento.

A natación na miña opinion foi fácil. O lago estaba calmo e sen ningun tipo de corriente. Podese dicir que foi un tramite comparado co que faltaba.
 
Tocaba o plato forte. A bici é a que pon a cada un no seu sitio. Ó pouco de sair adiantoume Miguel que saiu da auga un pouco despois ca min. Démonos ánimos e cada un sigueu facendo a súa carreira: Kike coma un avion na bici recuperando os minutos perdidos na auga, Víctor aguantando na bici despois dunha gran natación, Miguel defendendo o posto demostrando gran regularidade, e eu vendo pasar bicicletas coma foguetes, pero clavando a miña media planeada de 25km/h.
 
E de postre a Marathon. Eso xa non sei como o levou cada un!. O sufrimento e unha cousa que cada persoa vivimos de forma diferente. Esta foi a miña maneira de sufrir, animando a todo mundo a tope… controlando reloj, agora toca andar, agora toca correr….meterse un pouco coas chavalas dos avituallamentos….coller forzas para pasar levantando rodilla por onde o publico ao completar unha volta….e asi gotiña a gotiña foron pasando os km. 
 
E finalmente chegou a hora de cruzar a meta….eu creo q os meus compañeiros estarán de acordo nisto. O que pasa pola cabeza nese momento é indescriptible e vale cada minuto de sufrimento na carreira e cada hora de entrenamiento ao longo do ano. Animo a calquera a intentalo esa sensación non se pode contar hai que vivilo!, e si eu puiden facelo pode calquera.
Cando entrei na carpa alí estaban os meus tres compañeiros cunha sonrisa de orella a orella (coma a miña). Rematáramos todos contentos co noso resultado individual!!!…si nolo contan o sábado non o cremos!!! (polo menos eu). Só podo darvos as gracias por esperarme, esos momentos son os que fan de este tipo de proba algo especial… os catro nos sentiamos gañadores.
 
Agradecer a todo o mundo que nos veu animar en especial a Cristal, Iván e Ana. A min polo menos dechedesme alas!!!. Cada vez que completabamos unha volta nos diferentes sectores con toda esa xente poñíansenos os pelos de punta. E os que non estabades físicamente tamén porque éramos perfectamente conscientes de que todo o clube estaba con nós!!

As caras dos nosos trileros o din todo.


 
Esto xa e cousa miña…..gracias compañeiros por facerme os viernes tan amenos conseguindo que baixar a Porriño para entrenar con vós sexa un pracer, e a ti Dani porque esas catro cousiñas que aprendin son a diferencia entre un flipado que se apuntou a un Aironman e un FINISHER. 

Crónica: Santiago Romero Ons

Fotografías: Cristal y Ana

II TRIATLÓN CONCELLO DO PORRIÑO 2014

Arranque da proba en Tui

 

O sábado disputouse a segunda edición do triatlon do Porriño, todo un acontecemento para o noso club que arrinco o martes coa presentación e continuo o sábado pola mañá coa celebración do minitriatlón que ano a ano vai gañando mais trileriños, o futuro deste deporte tan espectacular e divertido.
Esta segunda edición era un novo reto polas expectativas creadas o ano pasado e non defraudo a ninguén.
Este ano varios atletas do club deron o salto ao triatlón, moitas risas nos entrenos que terminaron coa incerteza do inicio da proba nas augas do Rio Miño.
O tempo deu unha tregua aos 426 participantes e déixoos gozar da proba sen pasalos por auga. Deus queria ver triatlón.
Ás 16:36 arrinco a proba nas augas do Rio Miño, onde o vento levantaba un pouco de ola que fixo que moitos dos participantes se hidrataran de mais,unido ás loitas  titanicas en cada boia fixo o sector da natación un pouco mais duro do normal.

Arranque da proba donde todos recibieron pero nadie deu

No sector da bici o club tivo os dous mellores parciais, nótase que somos terra de ciclistas. Circuíto rompepernas cunhas rampas do 5% que rompe coa rutina dos circuítos planos de ir en grupo e que tirar sempre os mesmos.
Na entrada da transición á carreira a pé os triatletas séntese nun ambiente de cita importante co numerosos publico agardando e  ánimando para que cada un dos participantes cumpra cos seus retos persoais.

Preparando a táctica de equipo

Enhorabuena para todos os nosos trileiros polos bos resultados conseguidos na proba de casa e unha pronta recuperación para Ivan Reguera que unha caída no sector da bici impediulle terminar.

Contando as batallas da proba

Mención especial para Carlos Alvarez, Jose Salgueiriño,Sergio Perez,Marcos Frances,Jorge Masso,Ruben Sio e Daniel Mckay que se enfrontaron ao seu primeiro triatlón.
Grazas a Jose Angel polo apoio logístico e a Cristal e Ana polo reportaxe fotográfico.

III EUROCIDADE 2014

Salida Eurocidade 2014

Fotografía: Tour running Rias Baixas

Fin de semana movidito para os compoñentes do club con dúas frontes abertas aos que non se podia faltar.
O primeiro o triatlón de casa que se disputo o sábado, pero iso non era escusa para estar o domingo na linea de saída da terceira edición do Eurocidade.
A carreira salio ás 11:00 da mañá desde a Corredera en Tui, para diregirse á fortaleza de Valenca en Portugal e volta a Tui para rematar a proba, sempre acompañada pola choiva que non quixo perderse a cita.
Carreira dunha beleza extraodinaria, onde se corre polos casco antigos de Tui e Valenca,con distintos terreos que a fai mais especial.
O noso club estivo moi ben representado quedando na xeral Santiago López, e  7º Cesar Novas . Pero non  foi os único representantes do club, tivemos unha amplia participación.Parabens para todos e en especial para os que fixeron doblete.

Parabens ao club Atletismo Tui pola carreira.

Presentación do II Triatlón de Porriño 2014

Onte foi a presentación da segunda edición do Triatlón de Porriñoala enviamos a unha pequena parte do grupo de trileros.
Este ano temos moitos novatos nesta modalidade, pero a vida é probar e deixan un instante as zapas de correr para meterse en auga e dar pedais.
Un día de festa e desfrute para os compoñentes do club, que non teñen que desprazarse lonxe para poder practicar o deporte que lles gusta.

presentacion 2014Fotografía: Porriño Digital

 

IX TRIATLÓN DE RIAZOR, a Coruña 2014

Sábado de 17 de Maio, día das Letras Galegas, celebrouse o IX Tríatlon de Riazor, primeira proba da tempada galega de tríatlon 2014 e clasificatoria para o Campionato Galego.

As 11 da maña daban comenzo a saida A, proba onde participaron Pablo Soto, Santiago Romero e Iago Sobreira. Acadando outra vez o obxetivo de rematar a proba con boas sensacións.

As 12:10 dabase a saida a categoría élite femenina, onde María Martinez  acadou un magnifico resultado quedando 4º na xeral.

E a ultima proba a masculina élite arrancou as 12:30, con 56 participantes onde participaron Ismael Lago e Pablo Reguera. Conseguindo rematar a proba e disfrutar da mesma.

A proba disputuse na modalidade de sprint, con 750 m de natación na praia de Riazor, a continuación 21,2 quilómetros do segmento de ciclismo e finalizaron coa carreira a pe de 5 quilómetros.

Parabens para Diego Paz pola sua victoria na proba!!!

 

Campeonato Galego de Distancia Olímpica, sen Drafting, Sanxenxo 2014

Fin de semana de madrugón para os nosos trileiros para participar no Campionato Galego de Triatlón, Distancia Olímpica,  sen Drafting, en Sanxenxo.
Sanxenxo substituíu  a Riveira na organización do campionato galego na modalidade olímpica, coa novidade de non estar permitido ir a roda no sector de ciclismo.

Desde a praia de Silgar, coñecida pola estatua da Madama, obra do artista Alfonso Vilar Lamelas, dábase a saída ás 8:00 da mañá, aos 340 participantes, que tiñan que dar dúas voltas a un circuíto de 750 mtrs. Ao saír do auga os deportistas tiveron que facer unha transición de 16 peldaños e 750 mtrs para poder coller a bicicleta no paseo marítimo.

Onde arrincaba o sector de ciclismo pola estrada que une Sanxenxo coa Lanzada onde se facia  o retorno,  nunha glorieta perigosa que provocou diversas caidas.

O circuíto era duro e esixente con continuos toboganes que o faía moi espectacular  e o  mar como espectador, onde os bos rodadores gozaron do sector.  A distancia a percorrer era de 40 km dividido en 2 voltas.

De novo no paseo marítimo de Sanxenxo, comezaba o sector de carreira a pé que constaba de 10 km, dividido en dúas voltas que levaba aos atletas ata Portonovo.

Os nosos trileiros que foron gozar sufrindo: Enrique Moran,Sergio Gonzalez, Manuel Salgueiro, Felipe Dominguez, Ramon Lago, Ivan Reguera,Gonzalo Simo,David Dominguez, Nacho Louriño e Víctor Mouriño.

 

Sanxenxo 2014

                                                     Iván e Ramón, unha imaxen vale mais que mil palabras

Agradecer a Cristal os seus animos e fotografías.

Parabens!! a seguir gozando.