Campeonato Galego de Triatlon 2013, Pontevedra

 

 

Maria, no podium Sub-23, campionato Galego 2013
Fotografía: María Martinez

 

 

María Martinez volveu a demostrar o seu gran estado de forma neste remate de tempada, conseguindo a 4ª praza na xeral absoluta e 2ª na categoría sub-23, por detrás da súa gran amiga Melina Alonso, 2ª na xeral e 1ª sub-23  (Triatlón Ferrol).

Onte celebráronse en Pontevedra nunha tarde moi desapacible pola choiva e o vento, as probas do Campionato Galego, onde os campións foron Aida Valiño e Pablo Dapena.

Sandra Sobreira rematou 14º, na xeral e 5ª na súa categoría sub-23, na categoría masculina Ismael Lago Monroy rematou no 29º, Diego Pereiro 37º e Victor Mouriño abandonou na carreira a pé.

Con esta proba remata a tempada 2012-2013, chea de éxitos para o club, agora a descansar que en nada comeza a nova tempada.

Parabéns a todos os nosos trileros pola gran tempada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *