Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil de Pista ao Aire Libre

Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil de Pista ao Aire Libre

O sábado, 7 de xuño de 2014, celebrouse no Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos, en Vigo, o Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil de Pista ao Aire Libre. Pola mañá tiveron o seu turno os benxamíns e alevíns. Bastante vento en xeral, e chaparróns de vez en cando. Participou Pablo Almeida nos 500 ml alevín masculino, acadando un rexistro de 1.36.24 e unha meritoria oitava posición. Hai que dicir que o quinto entrou a menos dun segundo de Pablo. En canto a Carla Guisande, na proba dos 1000 ml alevín feminino, fixo una magnífica sétima posición cun rexistro de 3.41.36. Laura Alonso participou nos 60 ml alevín feminino, entrando sétima na final B con 9.56, e decimoquinta nos 500 ml alevín feminino, con 1.43.07. Finalmente, tivemos a Uxía Rodríguez nas probas de 50 ml benxamín feminino, acadando a sétima posición na final B con 9.10 (parándose antes de entrar na meta aínda non sabemos porqué), e unha magnifica cuarta posición na proba de 1000 ml cun tempo de 3.58.45, remontando desde os derradeiros lugares nos últimos 500 metros. Pola tarde foi o turno de Yago López, que acadou o sexto posto na final B dos 150 ml cun tempo de 23.17, e a oitava posición nos 500 ml cun rexistro de 1.28.42. Noraboa a todos por participar.

Crónica: José Antonio Rodríguez.

Share this post