CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN E ALEVIN EN PISTA AIRE LIBRE

O sábado deuse cita en Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego para as categorías menores nunha mañá no que as condicións atmosféricas non acompañaron os atletas debido a choiva persistente que caeu durante a xornada.

Pese a todo destacar as mágnificas marcas que fixeron en xeral todos os atletas, cun alto nivel acorde co campionato.

Comezando pola categoría máis pequena, a de benxamín, destacar a participación de Laura Alonso que conseguiu dous ouros nunha mañá redonda, proclamándose Campioa Galega en 50 m (8,26) e máis en  500 m ( 1,39.10).

Laura Alonso campioa galega nos 50 m. (esquerda) e nos 500 m. (dereita).

Tamén destacar a participación da nosa representante máis cativa Uxía Rodriguez Huertas que rematou na distancia de 1000 m. cunha excelente marca de 4:00,41.
En benxamín masculino Diego Rodríguez participou en dúas probas: en salto de lonxitude cunha marca de 2,92 ( 11º), e na proba de 500 m (1,47.25) onde obtivo a posición.

Na categoría alevín tivemos 3 atletas representando o club: Yago López Sousa proclamouse Subcampión Galego en 500 m. (1.29,77), participando tamén en salto de lonxitude onde rematou mellorando a súa marca cun salto de 3,79. Tamén tivemos a representación en 500 m. de Pablo Almeida Seoane ( 1.40,11) que conseguiu a 11ª praza e en féminas a Carla Guisande Vieito (1,43.00) que remataba na 12ª posición.

Iago López Sousa (á esquerda), subcampión galego.

Con esta xornada damos por rematada a tempada de pista ó aire libre  que comezaba en marzo cos zonáis. Temos que dar a nosa máis sinceira noraboa a todxs xs atletas que participaron nesta modalidade, dexesando que para a vindeira tempada voltemos a disfrutar das súas carreiras e a súa compaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *