Crónica San Silvestre Ponteareas 2013

 

Salida da carreira
fotografía: Victor Mouriño

Se hai unha proba claramente popular, esta é sen dúbida a San Silvestre. A carreira que moitos atletas populares e non tan populares escollen para despedir o ano da maneira máis saudable e festiva. O 31 de Decembro, só hai unha carreira: A San Silvestre. Dá igual donde se faga, todas son a mesma carreira. Ti a onde vás?- Eu á de Vigo, -Eu á Vallecana- Eu á de Ponteareas… A pregunta non é que carreira corres, a pregunta é onde a fas.  Non hai evento ó longo do territorio que consiga tantos participantes como unha proba atlética de este calado.  Por iso nos gusta correr!!!

Moitos dos componentes do Atletismo Porriño, acudíamos a II edición da San Silvestre Solidaria de Ponteareas, organizada polos amigos dos Taninos Runners  que fixeron un grande traballo para organizar esta proba solidaria.

O tempo dábanos unha tregua para poder completar o novo circuito de tres voltas polas rúas da Ponteareas. Ainda que o resultado era o de menos, o Atleta local Dani Bargiela e Manuel Martínez Ageitos impuñan o seu alto ritmo para chegar en primeira e segunda posición á meta.

Pola nosa parte, participaron e remataron a proba: César Novás, José Antonio Burgos, Venancio Paramos, Marcos Fernández, Juan Carlos Vidal, Carlos Vidal, Carlos Santos, Rubén Sío, Marcos Francés, Miguel Fernández, Miguel Novoa, Iago Sobreira, Sandra Sobreira e Alberto Domínguez.

Felicitar á organización dos Taninos por implicarse na celebración desta proba e polos 1.500 kgs de alimentos recollidos para os bancos de alimentos locais, que dan boa proba da solidaridade e resposta dos Atletas populares cando toca.

Crónica: Alberto Dominguez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *