I CUADRIATLÓN EUROCIDADE TUI-VALENçA 2013

As altas temperaturas deste sábado 31 de agosto non nos frearon, senón que invitaron a participar no I Cuadriatlón Eurocidade Tui-Valença celebrado entorno a este Río Miño que tanto nos acompaña durante os adestramentos.
Unha tarde de fin de semana que congregou nunha mesma proba a atletas populares e experimentados, a xente do mundo do remo, do triatlón e da bicicleta co fin de tomar saída nunha proba pouco habitual.
A pesares de que no clube non somos expertos en remo tivemos unha boísima representación nesta proba. Na categoría masculina-individual participaban David Fernández e José Luís Castro quén remataría subindo ao máis alto do podio en dúas ocasión: como primeiro clasificado absoluto masculino individual e polo tanto como mellor clasificado residente en Tui tras realizar unha carreira extraordinaria.

Jose luis castro, proclamouse 1º na proba individual
Fotografía: Cristal

En canto a parellas por relevos o obxectivo era ben diferente: adestrar e pasar un bo rato. Participaban Sandra Sobreira co  Álvaro Navarrete e María Martínez con Iván Reguera. Obxetivo conseguido porque no momento de dar a saída as dúas mozas do clube estaban realizando mobilidade articular  en terra (actitude exemplar), a uns bos metros da auga. Anécdota á parte, conseguiron abraiar ao público cando saían correndo cara a auga e remontaban nos 500 m. de natación; María  ata a segunda posición da xeral. Non foi posible colarse na clasificación xeral por parellas dominada por remeiros, pero si na de parellas mixtas con un simbólico primeiro posto para a dúo María-Iván.

María e Ivan celebrando o primeiro posto en categoría mixta
Fotografía: Cristal

Destacar o papel dos organizadores sen os cales todas estas experiencias non serían posibles. Volveremos a vernos a vindeira semana na III Travesía a nado Eurocidade Tui-Valença.
Gracias de novo a Cristal Vázquez polo seu aporte fotográfico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *