O CLUB ATLETISMO PORRIÑO COMEZA A TEMPADA 2010 – 2011

O CLUB ATLETISMO PORRIÑO COMEZA A TEMPADA 2010 – 2011

COMEZO TEMPADA

O vindeiro luns 13 de setembro, comezamos a tempada 2010 – 2011.

Os horarios para este ano, non varían ós do ano pasado. De tódolos xeitos, estade atentos á nosa web, xa que estamos pendentes de que nos concedan un pouco máis de tempo de piscina.

Con respecto á xente que quera darse de alta no noso club, pode visitar a sección de inscricións. Aí aparecen detalladas as distintas modalidades de inscrición. Recordade que a inscrición non será válida sen o xustificante de pago das nosas cotas anuáis 2010 – 2011.

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto có Club a través de atletismo@atletismopor.com.

Recordade que tamén estamos presentes en Facebook.

Unha aperta da Xunta Directiva.

Share this post