O Club Atletismo Porriño recibe unha axuda de Novagalicia Banco

 

 

A sede porriñesa de Novagalicia Banco, ven de darnos unha axuda a pasada semana, trala solicitude de inclusión do noso club nunha campaña de patrocinio local.

Calquera axuda, por moi pequena que sexa a agradecemos enormemente, posto que o noso orzamento é moi modesto e temos que facer números para chegar a fin de ano.

Agradecemos pois esta iniciativa, e animamos a que as empresas da zona fagan unha aposta polo deporte local.

Graciñas!.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *