V Carreira Popular de Amorín

V Carreira Popular de Amorín

Celebrouse o pasado domingo, 16 de xuño de 2013, a V Carreira Popular de Amorín – Carreira pola Integración, a favor de UNICEF, co lema “Gotas por Níxer”. Un novo éxito organizativo da Asociación de Veciños de Amorín, unha pequena parroquia de Tomiño, coa que nos sentimos orgullosos de colaborar como Club desde a primeira edición. A presenza de atletas do noso club foi numerosa en todas as categorías.

A primeira carreira foi a absoluta, con algo máis de 6 km de percorrido polos barrios da parroquia, resultando gañador César Pérez Novás, do noso Club, cun tempo un pouco por riba dos 22 minutos. Tamén destacar a José Antonio Burgos, Marcos Fernández e José Ángel Álvarez na categoría Veteráns A (6º, 7º e 18º), a Diego Salgueiriño e Alfonso Conde (7º e 16º na categoría absoluta), e Juan Carlos Vidal, gañador da categoría Veteráns B (8º na xeral), así como Venancio Paramos e Rafael Cañada (7º e 32º) nesa categoría Veteráns B. En canto ás mulleres, Raja Rizki quedou 4º na categoría absoluta.

 

César Pérez Novás no centro, como gañador da proba.

Juan Carlos Vidal, gañador na categoría Veteráns B

En categorías menores, e na categoría xuvenil, Carlos Vidal acadou a 2ª posición. Héctor Álvarez foi 7º en cadete masculino, mentres que en infantil masculino, David Burgos gañou a proba, con Nicolás Guisande na 7ª posición. Zaira Penabella quedou 4ª en infantil feminino. Laura Mazoy e Carla Guisande foron 4ª e 5ª en alevín feminino, mentres que nos alevíns masculino tivemos a victoria de Yago López Sousa, con Pablo Almeida na 3ª posición, con Iván porto, Pablo López e Iago Blanco na 5ª, 8ª e 10ª posición. Nicolás Mazoy foi 2º en Benxamín masculino, con Diego Rodríguez en 5ª posición. Laura Alonso gañou en Benxamín feminino, con Uxía Rodríguez 3ª e Noa Burgos 7ª.Tamén gañou Álex Rodríguez en Prebenxamín masculino, con Íker Diz no 9º posto. Tamén houbo carreira de pitufos.

Carlos Vidal no segundo posto dos xuveniles.

David Burgos, gañador da proba infantil.

Yago López e Pablo Almeida, primeiro e terceiro en alevíns.

Nicolás Mazoy segundo en benxamíns masculino.

Laura Alonso e Uxía Rodríguez, primeira e terceira na categoría benxamín.

 

Álex Rodríguez campión da proba prebenxamín masculino.

Fotografías extraídas do álbum de fotos da Asociación de Veciños de Amorín. Podedes consultar a clasificación e tamén ver estas fotos eiquí.

 

Share this post