Regulamento

O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a VIII Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 29 de setembro de 2017. O horario de comenzo das probas será as 18:00. A saída e a chegada serán na Praza do Concello (Praza Antonio Palacios).

1. PARTICIPANTES:

Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo Porriño, coa supervisión dun xuíz árbitro

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIOS:

18:00 h – De 5 a 7 anos inclusive – 100 m.

18:10 h – De 8 a 10 anos inclusive – 400 m.

18:20 – De 11 a 14 anos inclusive – 800 m.

18:30 – Carreira popular > 15 anos – 1.609 m.

18:45 h – Carreira Élite > 15 anos – 1609 m. *

* Para a participación na Carreira Élite, é obrigatorio ter licenza federativa de atletismo en vigor.

Xs atletas que participen na carreira élite, non poderán participar na carreira popular e viceversa.

3. PREMIOS E TROFEOS

CATEGORÍAS MENORES:
– Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e sexo. Medallas para o resto dos participantes

CATEGORÍA POPULAR:
– 1 cea para dúas persoas no Bar Celtiña de O Porriño para a primeira clasificada feminina e para o primeiro clasificado masculino e trofeo para os tres primeiros.

CATEGORÍA ELITE:
Premios en metálico:

Carreira absoluta feminina.
1º- 100 euros 2º- 50 euros 3ª- 20 euros

Carreira absoluta masculina.
1º- 100 euros 2º- 50 euros 3ª- 20 euros

OS PREMIOS EN METÁLICO ABOARANSE O DÍA DA PROBA (será necesario mostrar DNI, Pasaporte ou documento que acredite a identidade).
A entrega de trofeos realizarase inmediatamente se remate a derradeira das probas, a carón da liña de chegada.

4. INSCRICIÓNS

A inscrición é totalmente GRATUITA. Para a Carreira Popular e a Carreira Elite, pódense anotar atletas via online ata o día 27 de setembro ás 23:59 h. na páxina web do Club Atletismo Porriño (www.atletismopor.com) na pestana correspondente á VIII Milla Porriñesa Festas do Cristo 2017. Para as categorias menores, non é preciso anotarse, e basta con que estean na liña de saída no momento de comezo das probas.

5. VESTIARIOS

Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal do Porriño.

6. RECLAMACIÓNS

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición unha vez rematadas as probas.

7. CESIÓN DOS DEREITOS DE IMAXE

Durante o evento deportivo vanse tomar imaxes dos corredores e do entorno xeral da carreira. Coa inscrición e a participación, acéptase a cesión dos dereitos de imaxe para o uso das fotografías co obxectivo da difusión da actividade nos diferentes medios de comunicación. Os datos cedidos para a inscrición serán empregados exclusivamente para a correcta organización do evento, dacordo coa Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD).