XL edición do Trofeo de Pedestrismo Concello de Cangas

Este pasado domingo disputouse a XL edición do Trofeo de Pedestrismo Concello de Cangas. Transcorreu sobre unha distancia de 10 km na categoría absoluta e 6 km na categoría xuvenil , que comezaba en Aldán e remataba na alameda vella de Cangas.

 

 

César Pérez (9º da xeral), cun tempo de 34:18; Diego Salgueiriño (16º da xeral) cun tempo de 35:43; Jose Ángel Álvarez (72º da xeral), facendo 38:36; Pablo Regueira (83º), parando o crono en 39:15; Alfonso Conde (159º) cun tempo de 42:11 e Sandra Sobreira (10º da xeral feminina) rematando en 43:45, foron os representantes do Club atletismo Porriño na proba absoluta, na que, en xeral, obtivéronse boas sensacións por parte dos nosos atletas. Na proba xuvenil estivemos representados por un único atleta, que comeza a dar presenza nas carreiras populares, Xesús Conde, que logrou acadar o 5º posto da xeral cun rexistro de 27:07.

 

Por parte dos máis cativos, démonos a destacar con Alex Rodriguez, Carla Guisande, Laura Alonso,  Diego Rodriguez, Laura Mazoy, Yago Lopez,  Luis Quinteiro,  Aarón Rodriguez, Xabier Perez e Sabela Guisande. Os cales obtiveron moi bos resultados (algún de eles podio) e conseguiron disfrutar do agradable ambiente da carreira.

 

Crónica: Sandra Sobreira.

Foto: Sandra Sobreira

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *