Xterra Reino de Granada 2014 . Un triatlón diferente.

Xterra Reino de Granada 2014 . Un triatlón diferente.

 

O pasado domingo 28, celebrouse na cidade de Granada a última proba do circuíto español de Xterra. Esta modalidade de triatlón está considerada a máis extrema dentro do triatlón cross. Trátase de nadar 1500 metros, percorrer 40km en bici de montaña e rematar con 11km de trail running.

Nesta ocasión, tivemos a Brais Misa na liña de saída da proba. Ás 9:00 da mañá dábase a saída nun lugar moi fermoso, o pantano de Canales; o treito de auga é un tramite nesta disciplina xa que apenas as diferenzas son notables. Inda que saíndo nunha 5 posición, Brais non perdería moitas posicións ata a meta.

Brais arrancando la carrera a pie
Brais arrancando la carrera a pie

Unha vez postos os pés na terra comezaba a diversión e o sufrimento de verdade con circuítos moi esixentes, técnicos e perigosos. A BTT é o sector máis longo e duro deste tipo de triatlóns onde os auténticos especialistas demostran a súa valía. Entre eles o campión do mundo de triatlón cross e de Xterra, Rubén Ruzafa ou o gañador final da proba e campión do mundo sub-23, Roger Serrano, fixeron uns parciais estratosféricos. Tras case dúas horas de esforzo, o noso trilero chega a transición para afrontar os últimos 11km de carreira.

Un sector que a choiva fixo todavia máis duro se cabe. En tan só 11km tiñan que superar 800 metros de desnivel positivo con rampas de ata o 45%, por paraxes incribles e emblemáticos da cidade como é a coñecida Alhambra ou a Dehesa dos olivos.

Tras 3 horas e media de esforzo o noso compañeiro rematou a proba nunha moi boa 8ª posición.

Noraboa Brais!!

Crónica: Atletismo Porriño

 

Share this post