XXV TRIATLON DO MIÑO (Lugo)

XXV TRIATLON DO MIÑO (Lugo)

 

Día de aniversario para a proba do triatlón do Miño (Lugo), que cumpría os  25 anos. Unha proba que contou con parte  dos mellores triatleta galegos da actualidade, deronse  cita nomes coma Uxio Abuin, Brais Canosa, Antón Ruanova, Manuel Serrat, Diego Paz e Leonidas Riveros, na proba masculina e tamén moi boa participación na feminina con Ricarda Lisk, Maria Ortega,Camila e Melina Alonso, Sara Bonilla e Marta Barbeito.

A distancia non foi motivo para que o noso  club non estivera nesta  ultima proba  clasificatoría do campionato galego da tempada 2013.

As sete da mañan saía a expedición do club, para poder estar as nove en Lugo, porque a primeira proba onde participaba Iago Sobreira o noso cadete comenzaba as 10:05 da mañan.

Proba popular onde todo o madrugón quedou recompensado co 2º posto na xeral absoluta e 1º na sua categoría, gran carreira.

 

Iago Sobreira e María Martinez celebrando o bo dia
Fotografía: Victor Mouriño

A mañan comenzaba moi ben, a seguinte proba era a salida A, onde  a participación foi de 92 participantes de los cales 6 era do noso club. Bo papel o realizado por todos eles que seguen sumando na súa progresión neste primer ano.

Un problema mecánico fixo que Ivan Reguera tivera que facer duas das tres voltas na bici de pé o romperselle o sillin nun bache da estrada, pero a súa actitude foi moi positiva e terminou a proba.

Noraboa a Jose Luis Castro, Berto Dominguez, Felipe Mariño, Miguel Angel Gil, Michi e Ivan Reguera.

As 12:10 daban a saida a categoria Feminina, onde participaban Sandra Sobreira e Maria Martinez. A proba dende o inicio foi moi rápida, Maria Martinez estivo no grupo da cabeza ata o sector da carreira a pé,onde acadou unha meritoria 8ª posición na xeral e 3ª na sua categoria, conseguindo o terceiro trofeo para o club. A mala sorte tocoulle está vez a Sandra Sobreira que que tivo varios problemas mecánicos no trascurso do sector da bicicleta, pero conseguiu rematar a proba.

 

María Martinez, entrando na meta
Fotografía: Cristal Vázquez

As 12:30 sonou o bocinazo da saida B, que desde el inicio fue de batalla continua, o primeiro en sair da auga foi Diego Paz (inforhouse),seguido do resto de favoritos, todo un espectaculo ver as trasnsicions de este triatletas.

Nesta proba o club estaba representado por Ismael Lago, David Mariño e Victor Mouriño. Dende o quecemento os tres tiñan claro que a súa meta era non ser dobrados e disfrutar dos tres sectores. Apoiados en todo momento polos seus compañeiros do club que non pararon de dar folgos.

O obxetivo foi superado por moito, tanto que quedaron por equipos, cun debutante na categoría David Mariño e con Ismael Lago, moi fatigado.

David Mariño, debutante na categoría
Fotografía: Cristal Vázquez

Acabouse o circuito galego de triatlón de estrada, o día 28 de septembro será a final do galego, na ciudad de Pontevedra, onde o club estará representado por Ismael Lago e Diego Pereiro. Sorte.

Agradecementos a Cristal Vázquez polo seu traballo fotográfico.

 

Share this post