Cea de Nadal 2013

O pasado sábado celebramos unha das competicións máis caralludas do ano.

Marchamos de Cea de Nadal!.

Ás 20:45, e previo á proba, estivemos hidratándonos cunhas cañas no Bar 55, comezando así, unha das noites máis esperadas pola xente do Club Atletismo Porriño..

Ás 22:00, xa estábamos entrando no Bar Celtiña. O Bar Celtiña é o noso punto de encontro en canto a celebracións se refire dende hai moitos anos. Esa xente se porta ben connosco durante o ano, e temos que ser suficientemente agradecidos con eles!.

Comezamos pedindo cerveza para xs máis cervecerxs.

Ceamos….

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comezou a espectación para o que é plato máis esperado: A entrega dos Diplomas.

 

 

Como sempre, contamos coa colaboración e implicación total de Fonsete na redacción dos diplomas, así como na ceremonia de entrega.

É unha auténtica «Star» do plató.

Fonsete á dereita, achegándose ó plató.

 

DIPLOMA Á CAMPIOA DA CEA DE NADAL 2012

María Martínez: Atleta, triatleta, nadadora, bailarina incombustible, lianta…. a mellor atleta nocturna.

Entregou: Aurora Sousa. Unha presidenta 10. Persoa fundamental neste proxecto.

 

DIPLOMA Ó CAMPIÓN DA CEA DE NADAL 2012

Diego Salgueiriño: Atleta, aspirante a triatleta, aspirante a nadador, pouco bailarín. Desconfiade de él. Está sempre na sombra (raza falsa) para atacar no derradeiro «after»….. o mellor atleta nocturno do ano pasado.

Entregou: Manolo, o Ex Secre do club e gran pilar para que este proxecto esté consolidado!

 

DIPLOMA ÓS MARATONIANOS

Marcos Francés e Pekas: Atletas diesel. Non consumen nada. Veñen de facer un papelazo na maratón de Valencia 2013. Podedes ler eiquí a crónica.

Entregou: Rosana, unha das persoas que ten que soportar a carga de traballo do noso club. Moi agradecidos!

 

DIPLOMA Á TRAXECTORIA

Venancio: Atleta, «perro vello» e tipo de fiar, exemplo para as nosas xeracións máis novas. Alegrámosnos enormemente que volte tras unha longa lesión.

Entregou: Carlos, o Secre.

 

DIPLOMA Ó SACRIFICIO

Dani Mouriño: Adestrador, compañeiro, atleta, triatleta, nadador, confesor. Un tipo moi currante que pringou moitísimo máis do que debía, e decidiu adicar parte do seu verán ós adestramentos «trileros».

Entregou: Begoña Huertas, a nai que pariu a unha das nosas mellores atletas: Iria!.

 

DIPLOMA ÓS FINISHERS 1/2 IRON MAN 2012-2013

Trileros (triatletas) do Club: Si Dani pringou no verán, foi para que moita xente se preparase para a media distancia Iron Man. Participantes no Avia Man, Tri Caminha e Desafío Illas Cíes.

Entregou: Juan Carlos Vidal,  quen nos resguarda os cartos!.

 

DIPLOMA Á LOITA IRMANDIÑA

Amador, Isaías e Moncho Conde: Grupo Irmandiño do Club. Represéntannos por toda a xeografía galaica. Caracterizados pola ubicuidade, poden representarnos na Terra Chá e en Bergantiños. Uns fenómenos. Faltaba Moncho…para o ano leva unhas ostias.

Entregou: Marga, nai da sección «xóvenes atletas» do club!.

 

DIPLOMA Á COLABORACIÓN CO CLUB

Alberto Domínguez: Atleta, triatleta, community manager do club e un tipo moi solidario connosco!.

Entregou: Burgos, pai da sección «xóvenes atletas» do club!.

 

DIPLOMA Á PLUMA DE OURO

Roberto Alonso: Atleta, cronista e persoa cumplidora!. Estreouse este ano como cronista de maneira exemplar. Move a pluma máis rápido que a sombra de Haile Gebrselassie.

Entregou: José Antonio, segundo pilar do club, xunto con Manolo levaron a anterior diretiva. Ex Presi.

 

DIPLOMA Á IMPLICACIÓN TECNOLÓXICA

Carlos Álvarez: Secretario do Club.

Entregou: Víctor Mouriño (no hai foto dos tres). Un vicepresidente de 10. Persoa fundamental neste proxecto.

 

DIPLOMA Á IMPLICACIÓN TECNOLÓXICA

Asun, Doris, Iván, Cristal e Ana: Fans fatais e fotógrafos oficiáis do club. Debémoslle moitísimo a esta xente que nos envía fotos das probas para que poidades velas nas crónicas.

Entregaron: Carlitos Vidal e Iago Sobreira. Os «teenagers» do club.

Pousaron: Aurora e Víctor, cúpula do club.

 

Ó rematar cos Diplomas, empezou a segunda etapa: Licor Café e Crema de Whisky.

Creo que non quedou ninguén por quen brindar!!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Puxémonos todas guapas, e partimos a conquistar algún local nocturno.

Tocoulle ó Tubulart (por certo…necesitamos patrocinadores!!!).

Despóis de casi que queimar o local cando sonou o Song2 de Blur, tan só quedaba ir en decadencia cara ás naves.

Tiñamos que ir a atopar o tesouro!.

Arrancamos o chimpín, e marchamos para alí.

Despois de pasar por maratóns, 1/2 iron man´s, aí estábamos atopando o noso tesouro!!!….

Unha bola de cristais iluminada mentras soaba «dos gardenias para tí» en plan remix gañán.

Toda unha experiencia!.

Indescriptible a paisaxe crápula!.

Pois eiquí tendes ós FINISHERS da noite….

 

Finishers…que non fenómenos.

Para fenómeno xa temos a Josiño, que despois de meterse unha cea, chupitos e cubatas, marchou para a casa correndo….

A súa casa está en Tui.

 

 

Agradecementos:

Iván e Cristal por pringar coas fotos.

Graciñas, parella!.

 

 

….e ó Bar Celtiña, por suposto.

Para o ano, estaremos de novo por aí.

Graciñas a todxs por todo.

Muac!.

Comisión de Excesos do Club Atletismo Porriño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *