Sin categoría

Campeonato galego en Pista Benxamín, Alevín e Infantil

O pasado sábado 13 de xuño celebrouse, nas pistas de A Malata (Ferrol), o campeonato galego en pista das categorías benxamín, alevín e infantil. Na categoría infantil, Carla Guisande acadou o sexto posto nos 1000 m.l. cun tempo de 3:27. Na categoría alevín, Laura Alonso acadou o séptimo posto nas dúas probas que realizou nestes campeonatos. O 60 m.l. e o 500m.l....

III Triatlón Mini Concello do Porriño

O vindeiro sábado 6 de xuño, o Concello do Porriño coa colaboración do Club Atletismo Porriño, organizan o III Triatlón Mini. Este terá comezo ás 13:00 horas na Piscina Municipal, e rematará entorno as 14:00 horas no Concello. Eiquí tedes toda a información. Regulamento Triatlón Mini 2015 Percorrido Triatlón Mini 2015 Agardamos a vosa presencia!

Suspéndese a Carreira de As Agüiñas

Por consenso, a Diretiva do Club Atletismo Porriño, decidimos suspender a edición deste ano da Carreira de As Agüiñas. Despois da inesperada morte do noso queridísimo compañeiro Diego, non nos quedan demasiados ánimos para proseguir coa celebración da nosa carreira grande. Sopesamos a posibilidade de seguir na súa honra, porque estamos seguros que a él non lle molaría nada que...

Dor

Neste club non sabíamos o que era golpear no chan dun xeito tan brusco e inesperado. Hai caídas leves, pero hai outras que deixan moitísima dor. A nova que recibimos hoxe toda a familia do Club Atletismo Porriño, vai a deixarnos tendidos no chan durante un longo tempo, un tanto aturdidxs, con moitas feridas no corpo. Estas son feridas de...

Ábrese a inscrición para a VIII Carreira de As Agüiñas

Acabamos de habilitar unha pestana na páxina web, no marxe dereito, para que vos podades anotar á carreira que organizamos tódolos anos no noso club, a Carreira de As Agüiñas. Será a VIII edición que celebraremos o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) nas instalacións do Club Atletismo Porriño, no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do...

1ª Milla Solidaria Anemia de Fanconi de Nigrán

O sábado 28 de febreiro, nun dia de moita choiva, celebrouse en Nigrán a 1ª Milla Solidaria Anemia de Fanconi. Na categoría infantil feminina, Carla Guisande Vieito acadou a terceira posición cun tempo de 3 min 29 seg e Laura Mazoy García, a séptima posición cun tempo de 3 min35 seg na distancia 1km. Na categoría alevín, tanto Laura Alonso González cun...

Campionato Galego Escolar de Campo a Través en Ourense. Xogade

O 21 de febreiro celebrouse o Campionato Galego de Campo a Través en Ourense. Tres eran as representantes do Club Atletismo Porriño que coseguiron chegar ó Campionato Galego. Na categoría infantil feminino, Laura Mazoy García rematou na novena posición cun tempo de 9 min 36 seg. Na categoría alevín feminino Laura Alonso González acadou a décima posición cun tempo de 7...

Resultados X Xóvenes Atletas 2015

Estes son os resultados definitivos da X Carreira Xóvenes Atletas 2015: Clasificación Alevín Feminino Clasificación Alevin Masculino Clasificación Benxamin Feminino Clasificación Benxamin Masculino Clasificación Cadete Feminino Clasificación Cadete Masculino Clasificación Infantil Feminino Clasificación Infantil Masculino Clasificación Pitufos Feminino Clasificación Pitufos Mascuñino Clasificación Prebenxamin Feminino Clasificación Prebenxamin Masculino Clasificación Alevín Feminino  

Campionato galego de pista cuberta

O 14 de febreiro celebrouse o campionato de Galicia en pista cuberta na cidade da Coruña. So tivemos dous representantes polo clube atletismo Porriño . Laura Alonso González, que se presentou nas probas de 50 metros e 500 metros na categoría alevín femenino, acadando o segundo posto en 500 metros cunha marca de 1:38.26. Yago López Sousa, que se presentou na proba...

X Carreira Xóvenes Atletas en O Porriño

O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Concello de O Porriño, organiza a “X CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO”, que se celebrará o día 01 de marzo de 2015, a partires das 10:30 horas no centro de O Porriño. Esta carreira está organizada para rapacxs nados entre os anos 2000 e 2012. Temos unha novidade para a carreira deste ano, posto que...