Campeonato de España duatlón 2013

 

 

Ismael Lago Monroy en pleno esfuerzo en el duatlon
Fotografía: Asun Monroy

 

Multitudinario punto final para o Campionato de España de Dúatlon Pontevedra, na segunda  xornada coa disputa do título para os grupos de idade. Unha carreira que contou cunha participación que superou os 350 inscritos, o que supón case a metade dos que se citaron esta fin de semana en Pontevedra. Esta elevada presenza explícase en gran parte pola posibilidade que había de lograr o pasaporte para a competición mundial que tamén acollerá a cidade do Lérez o próximo ano.
Así mesmo, tamén como o día anterior, o circuíto estivo composto por un segmento inicial de 10 quilómetros de carreira a pé, para seguir con 40 de ciclismo e rematar cun último sector de cinco quilómetros de novo a pé. Os 15 primeiros clasificados da xéral obtiveron a súa clasificación para  o mundial a disputar en  Pontevedra no  2014.
A proba, dividida en 11 categorías para os homes e outras oito para as mulleres, púxose en marcha ás nove da mañá. De igual forma que aconteceu na xornada anterior durante a disputa das probas máis destacadas, a baixada de temperaturas e o vento mantivéronse presentes durante todo o percorrido.
O noso club estivo representado en G29 por Ismael Lago Monroy que acadou un marabilloso 10º posto, que o clasifica para o mundial do ano que ven, noraboa.
Tamén conseguiu a praza para o mundial Jose Manuel Rodriguez  Caramés no G55-59 con outro magnifico posto, quedando 4º na xeral.
O ultimo dos noso representantes foi Diego Pereiro en G30-34, cun meritorio 30º posto. Noraboa a todos eles.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *