O Club

Unha  tempada máis, o Club Atletismo Porriño continúa a labor iniciada no ano 1998, con Alberto Lario de presidente e a inscrición de 10 atletas na Federación Galega de Atletismo, entre eles a famosa ultrafondista Alzira Lario.

Hoxe en día somos mais de 130 atletas e 90 triatletas. Levamos uns anos de crecemento meteórico, apostando polo desenvolvemento tanto físico como persoal das/os nosas/os atletas, incidindo naqueles máis cativos, co obxectivo de transformar o club nunha entidade social, onde ademáis de participar, convivamos coas experiencias persoais dos compañeiros e compañeiras.

O noso Club está estruturado en dúas seccións: Atletismo e Triatlón. Isto permítenos abrir as posibilidades no adestramento; a actividade atlética compleméntase coa natación e bicicleta.

Contamos cun adestrador Licenciado en Ciencias do Deporte e a Educación Física así coma con Título de Adestrador Nacional de Atletismo.

Realizamos adestramentos específicos en pista de atletismo, saídas en grupo (carretera e monte), bicicleta e natación na piscina, río e mar.

Ofrecemos pois, os nosos servizos a todas/os atletas que queiran pertencer ao Club en base a unha cota anual que dará dereito ó adestramento de 3 días á semana, baixo a supervisión dun adestrador cualificado.

Agardamos a vosa visita!

Xunta directiva

  • Presidenta: Patricia Estévez Araujo
  • Tesoureiro: Pablo Soto Álvarez
  • Secretario: Inmaculada Pardo Lemos
  • Vogais:
  • Diego Pereiro Alonso
  • José Manuel Salgueiriño Maceira
  • Gloria Bugarín Fernández
  • Jose Antonio Burgos Rey
  • Margarita Argibay Alonso