
Voltamos!!
Logo do ben merecido descando de verán voltamos á rutina dos adestramentos o venres día 10 de setembro, como tódolos anos coincidindo co inicio do colexio, nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas).
Lembrade que de momento os adestramentos son o luns, mércores e venres a partir das 18:30.
En breve haberá modificacións incorporando, se nos deixan, os adestramentos de piscina.
E para todos aqueles que queredes iniciar unha nova actividade connosco, convidámosvos a vir nesas horas polas instalacións ou vos poñades en contacto por correo electrónico, móbil ou redes sociais.
Vémonos para a semán!!!
Adestramentos de verán 2021
O próximo luns 5 de xullo de 2021 dámos comezo aos adestramentos.
- Luns. Xinzo ás 18:30 horas.
- Martes e xoves. A Freixa (Ponteareas) ás 18:30 horas.
- Mércores. Valença do Minho (Portugal), en Nosa Senhora da Cabeça, ás 18:30 horas.
Comeza a Tempada 2021!
A nova tempada de Triatlón e Atletismo comeza o 1 de xaneiro de 2021, polo que o venres, 8 de xaneiro, comezaremos os adestramentos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas).
Se vos animades a vir connosco tendes as cotas e servizos aquí e a información para inscribirvos neste enlace: Como inscribirse? | Porriño (atletismopor.com)
Xa chegaron os entrenos de verán
Vémonos o luns polos montes de Xinzo e os martes e xoves na Freixa (natación no Tea e logo carreira a pe).
Das 19 ata as 20.30 aproximadamente.
Suspensión de Adestramentos por mor do COVID-19
O Porriño 10k – 15 de marzo do 2020
I San Silvestre Solidaria – Concello do Porriño
Ábrese a inscrición para X Milla Porriñesa “Festas do Cristo” 2019
O Concello de O Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a X Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 27 de setembro de 2019. O horario de comenzo das probas será ás 17:00.
Podedes consultar o regulamento, circuito e facer xa a vosa inscrición. É de balde. Animádevos!
Comezo da tempada 2019 – 2020
O vindeiro día 11 de setembro, mércores, comezaremos os adestramentos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas), excepto para os adultos e nenos que fagan nova licenza.
Por cuestións de seguro deportivo, os nenos que queiran vir a probar poderán facelo a partir do 1 de outubro.
No caso de novas licenzas de adultos:
Licenzas Atletismo: recomendámosvos chamar ao noso teléfono de contacto, xa que este ano cambia o periodo de vixencia das licenzas de atletismo e estamos á espera de cambios por parte da federación.
Licenzas Triatlón: a partir do 1 de xaneiro de 2020.
Podedes consultar toda a info de cotas e servizos aquí.
Se vos apetece vir a adestrar connosco, pasade polas nosas instalacións no Polígono Industrial de A Granxa, na parcela 248A. Alí aclararémosche tódalas dúbidas que poidan xurdir e tramitaremos toda a documentación para dar de alta as licenzas federativas de Atletismo ou Triatlón.
Animádevos a vir connosco!!!.