XI MILLA PORRIÑESA “FESTAS DO CRISTO 2023”

REGULAMENTO XI MILLA PORRIÑESA ‘FESTAS DO CRISTO 2023’

A XI MILLA PORRIÑESA– Festas do Cristo, organizada polo Concello de O Porriño en colaboración co Club Atletismo Porriño celebrarase o domingo 3 de setembro de 2023, a partir das 10:00 horas, no centro urbano da Vila.

A saída ea chegada serán na Praza do Concello (Pzra Antonio Palacios).

PARTICIPACIÓN E INSCRIPCIÓNS

A inscripción é totalmente GRATUÍTA. Pódense anotar atletas vía online ata o día 02 de setembro as 23:59 h. na páxina web do Club Atletismo Porriño (www.atletismopor.com) no apartado de carreiras correspondente á X Milla Porriñesa Festas do Cristo 2023.

Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta.


ENTREGA DE DORSAIS

Os dorsais da proba serán recollidos polos participantes a partir das 08:00 horas no posto que estará ubicado no entorno da entrada o Consistorio.

CRONOMETRAXE

A cronometraxe da carreira será levado a cabo por xuices designados polo Club Atletismo Porriño, quenes realizarán esta labor de maneira manual utilizando cronómetros de precisión.

Os tempos rexistrados serán tomados únicamente para os tres primeiros clasificados de cada carreira e categoría. Isto significa que só os atletas que ocupen os tres primeiros lugares en cada categoría serán suxeitos ó proceso de cronometraxe.

As reclamacións relacionadas   coa cronometraxe serán evaluadas coa maior dilixencia posible por parte da organización..

CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES,DISTANCIAS E HORARIOS

10:00 h.De 2 a 4 anos inclusive100 m.
10:10 h.De 5 a 7 anos inclusive100 m.
10:20 h.De 8 a 10 anos inclusive400 m.
10:30 h.De 11 a 14 anos inclusive800 m.
11:00 h.Carreira absoluta:
Absoluta: >15 ata 35 anos
Veteranos A: 35 ata 50 anos
Veteranos B: > 50 anos
1.609 m.

PREMIOS E TROFEOS

Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa da proba ó entrar na meta.

A entrega de trofeos realizarase no pódium de vencedores o mesmo día na Praza do Concello – Praza Antonio Palacios.

Os trofeos que se entregarán serán os seguintes:

  • CATEGORÍAS MENORES: Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e sexo. Medallas para o resto dos participantes.
  • CATEGORÍA ABSOLUTA: Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e sexo.

MUY IMPORTANTE

Os trofeos NON son acumulables.

A NON presenza no acto de entrega de trofeos entenderase como a renuncia ós trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa por parte dos/as gañadores/as deberá ser coñecida e autorizada pola Organización como mínimo media hora antes de dita entrega.

VESTIARIOS

Haberá servizo de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal do Porriño sito na Rúa Doantes de Sangue.

DESCALIFICACIÓNSE RECLAMACIÓNS

Todos os participantes levarán obrigatoriamente o dorsal orixinal na parte dianteira do corpo, durante toda a carreira.

Se descalificará a todo aquel corredor que:

  • Non pase polos puntos de control establecidos.
  • Non realice o percorrido completo.
  • Altere ou oculte a publicidade do dorsal.
  • Leve o dorsal de outro corredor.
  • Non leve o dorsal orixinal entregado para esta edición.
  • Entre en META sin dorsal.
  • Non atenda as instruccions dos xuices ou persoal da organización.

(*) Os corredores/as descalificados perderán automáticamente toda opción a os premios.

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente á persoa responsable da competición unha vez rematadas as probas.

As reclamacions relacionadas coa cronometraxe serán evaluadas coa maior dilixencia posible polo Comité Organizador.

RESPONSABILIDADE E SEGURO DE ACCIDENTES

Todos os participantes estarán amparados por un Seguro Colectivo de Accidentes e atenderán en todo momento as indicacións realizadas pola Organización a través dos voluntarios, técnicos, xuices, personal acreditado ou o servizo oficial de megafonía.

Cada corredor participa na XI MILLA PORRIÑESA Festas do Cristo baixo a sua enteira responsabilidade.

A organización recomenda a todos os corredores realizar un recoñecemento médico ou proba de esforzo antes de tomar a saída.

A Organización declina toda responsabilidade dos danos que os participantes poideran sufrir ou causar a terceiros en horas posteriores a súa participación na carreira.

DEREITOS DE IMAXE

Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscripción aceptan a aparición da sua imaxen en videos ou fotografías previas o durante a celebración do evento, entrega de trofeos e a publicación do seu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación ou internet, salvo manifestación expresa en sentido contrario, feita esta con una antelación non inferior a 48 horas previa a celebración da carreira.

PROTECCIÓN DE DATOS

A efectos do previsto no reglamento xeral de protección de datos, Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD)., infórmase de que os datos de carácter persoal recabados a través da inscripción nesta carreira serán incluidos nun ficheiro que é responsabilidade do Club Atletismo Porriño. A finalidade de esta recogida de datos de carácter persoal é realizar tareas de xestión das inscripcións e resultados, así como accións propias do Club Atletismo Porriño e otros Patrocinadores da XI MILLA PORRIÑESA– Festas do Cristo  Poderán dirixir súas comunicacións e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición,           mediante     comunicación                          por                   escrito                     vía         e-mail (atletismopor@gmail.com) ou correo postal a seguinte dirección: Polígono de la Granxa parcela 248A – 36475 O Porriño (Pontevedra).

DISPOSICIÓN FINAL

Todos os/as inscritos polo feito de participar libre e voluntariamente, aceptan plenamente as normas eo presente reglamento, reservándose a Organización o dereito a rechazar calquer inscripción que non acepte os térmos e condicións contidos no mesmo. O non contemplado neste reglamento se axustará ó que dispoña o Comité Organizador e en último caso a normativa de competición da RFEA e a FGA.