CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CROSS 2014

Santiago Romero de Cancun a Lugo.
Fotografía: Ana Bugarín

 

O domingo disputouse o Campionato Galego de Duatlón Cross en Santa María Alta, en Lugo, organizada polo club de Btt Correcaminos. Unha única carreira de onde sairía o campión galego da modalidade.

A proba estivo disputada ata o final, onde se resolveu na carreira a pé. Tanto o primeiro coma o segundo clasificado estiveron adestrando no circuíto o día anterior para preparar o asalto ó titulo.

O circuíto de carreira a pé pódese considerar sen dúbida un minitrail de dúas voltas: 1500 mtrs. de suba e 1500 mtrs. de baixada.

O circuíto non defraudou a ninguén. Nótase que detrás do percorrido estaba un club que coñece a modalidade Btt. Circuíto duro e técnico pero á vez moi fermoso e divertido. Noraboa ao Club Correcaminos.

A nosa participación foi numerosa e  entretida.

Jose Salgueiriño rematando a seu primeiro duatlon
Fotografía: Ana Bugarín

 

Comenzou coa quedada ás 6:00 h. para colocar as bicicletas no remolque que Almunia 08 deixounos para este desprazamento.

O camiño que eliximos para chegar á proba foi o longo, pola ruta turistica. Case estivemos a punto de ter que baixar do furgón para desenganchar o remolque para poder maniobrar un xiro  co furgón. Qué dificil se fan ao principio estes xiros!. O sangue finalmente non chegou ao rio grazas ós numerosos Gps que atoparon unha saída cara adiante (que risas nese momento!). O condutor chegou a estresarse nese punto.

A carreira, tal e como comentamos antes, disputouse nun sitio moi fermoso pero nada adaptado ás necesidades da proba a nivel loxistico e organizativo. Transicción estreita, pouco aparcadoiro e sen duchas para a finalización da proba. Sorte que o tempo acompañou para que estes detalles fosen menores.

O club estivo representado por 8 participantes ( José Salgueirño, Kike Morán, Santiago Romero, David Alonso, Iván Reguera, Abel de Barros, Diego Salgueiriño e Víctor Mouriño) máis 6 fans ( Cristal, Eva, Ana, Vane, Brain, e Ángela) que non pararon de animar nas distintas fases da carreira.

Foi outra participanción notable do club, con 3 trileros clasificados entre os 32 primeiros postos da xeral, o que valeu un 4º posto por club nunha modalidade que estamos empezando a promover entre os trileros do club. O barro, de momento, asusta un pouco pero a xente vaise animando, como o caso de José Salgueiriño que debutaba no duatlon, e nas súas declaracións comentou que  pasouno coma un neno pequeno.

A nivel individual outra grande actuación de kike Morán (8º) na xeral, seguido de David Alonso que gozuo da súa 29″ cun magnifico posto (29º). A continuación chegaron Víctor Mouriño (32º), Diego Salgueirño (40º), Abel de Barros (47º), Santiago Romero (67º), José Salgueiriño (68º). Iván Reguera tívose que retirar por problemas físicos nos xemelgos. Unha mágoa!.

Por este ano acabouse o barro. En breve estaremos de novo a dar guerra nesta modalidade!.

 

Kike Moran despedindo cun soriso a tempada 2014
Fotografía: Ana Bugarín

Grazas a todos por representar o club con deportividade e compañeirismo.

Crónica: Victor Mouriño

Fotografías: Ana Bugarin.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *