CAMPIONATO GALEGO DUATLON CROSS 2013

 

 

Onte pola mañá, disputouse a ultima proba da modalidade de duatlón cross do 2013. Este ano será recordado pola dureza dos percorridos, debido á climatoloxia adversa. Como traca final, tocaba  o Campionato Galego que se disputaba en Poio, onde a fama de circuito duro e técnico, tanto  na carreira a pé coma na bicicleta, non defraudou.

A carreira a pé foi moi disputada entre un grupo de 4 corredores, pero foi a bicicleta de montaña a modalidade que puso as cousas no seu sitio. Os especialistas nesta modalidade, tiñan un percorrido adecuado ás súas caracteríasticas, sobre todo nas duras e complicadas baixadas.

O primeiro posto na categoria masculina foi para Rubén Rodríguez e na categoría feminina foi para Aída Valiño, que se proclaman así, novos campións galegos na modalidade duatlón cross.

O noso club estivo á altura do esperado, conseguindo un 10º posto de Enrique Moran, e 33º de David Dominguez, dando asi por rematada a primeira parte da tempada cuns mangnificos resultados. Noraboa ós dous.

Esta proba pon o punto final á tempada de duatlon cross 2013, pero como isto non remata eiquí, o domingo 24 de febreiro comenzamos coa tempada de duatlón de estrada, onde o club volvera a estar representado por diversos triatletas. Moita sorte para eles, e a seguir disfrutando deste maravilloso deporte. Seguiremos dando guerra!.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *