CAMPIONATO GALEGO TRIATLON CURTA DISTANCIA 2013

O domingo 2 de Junio disputouse o Campionato Galego de Distancia Curta en Ribeira, cunha participación de 250 triatletas. Todos eles tiveron que nadar 1500 metros, rodar 40 km na bicicleta e correr 10 km para finalizar a proba.

A proba estivo marcada polo forte vento no sector da natación e a  bicicleta, onde todos os triatletas notaron a súa dureza. O noso club levou a cinco representantes, dúas mulleres e tres homes.

Na categoría feminina María Martínez logrou o (2º) posto absoluta e (1º) na súa categoría facendo unha gran carreira nunha distancia nova para ela. Estanos mal acostumando a subir ó podio; a fin de semana pasada quedaba campioa no triatlon de Porriño.

 

Foto de María na primeira transición (saíndo da auga).

Estupendas fotos sacadas por MC Audiovisual que as podedes ver eiquí.

O gran obxectivo para este ano e o campionato galego que comeza este domingo en A Coruña. Sorte e parabéns.

Tamén disputaba esta proba Sandra Sobreira acadando o (14º) absoluta e (3º) na súa categoría, parabéns.

Na categoría masculina estivemos representados por Diego Pereiro(28º), Pablo Soto(83º) e Miguel Fernández Cruz (96º), onde os tres disfrutaron da súa primeira experencia nesta distancia.

 

Parabéns a todos eles.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *