Campionato Provincial Escolar de Cross e I Carreira Popular Cross de Chenlo

 

Diego Rodríguez no medio do grupo disputando a carreira benxamín. Fotografía do Faro de Vigo

O domingo 17 de febreiro disputouse o Campionato Provincial Escolar de Cross para cativos nas categorías comprendidas entre a benxamín e a cadete. O evento celebrouse na parroquia porriñesa de Chenlo.

Paralelamente a este evento e aproveitando o circuito preparado para este evento, o Concello de O Porriño organizaba a I Carreira Popular de Cross de Chenlo.

Nas categorías menores, tivemos unha participación de 11 atletas.

Na categoría benxamín feminino Laura Alonso González e Uxía Rodríguez Huertas conseguiron a 5ª e 7ª posición respectivamente. Na representación masculina desta categoría, Nicolás Mazoy García e Diego Rodríguez Rodríguez conseguían o 11º e 14º posto da clasificación.

Na categoría Alevín participaban Laura Mazoy García e Yago López Sousa como representantes feminina e masculino respectivamente. Os dous atletas conseguiron a mesma posición nas súas carreiras, un 6º posto.

Na categoría infantil masculino Nicolás Guisande Vieito, David Burgos Argibay, Sergio Alonso González e Yago López Fernández remataron nos postos 29º 38º, 49º e 56º.

Finalmente, a nosa representación para o Campionato Galego Escolar de Campo a Través, será a de Laura Mazoy García e Yago López Sousa.

O campionato disputarase no municipio de Guitiriz o vindeiro sábado 23 de febreiro.

 

I CROSS POPULAR DE CHENLO

Na carreira popular, percorríanse preto de 5 km.. A nosa nutrida representación logrou copar os dous primeiros postos nas categorías feminina e masculina.

María Martínez proclamouse campiona da carreira absoluta feminina, mentras que Diego Salgueiriño Maceira subía ó primeiro posto do podio na carreira masculina.

María Martínez e Diego Salgueiriño no pasado Campionato Galego de Cross Curta disputada no Monte do Gozo, Santiago de Compostela.

O resto da representación fixeron os seguintes postos na clasificación xeral:
Diego Pereiro (2º),  Pablo Soto (5º), Manuel Fernández (9º), Raúl de la Cruz (10º), Felipe Domínguez (11º), Alfonso Conde (12º), Carlos Santos (13º), José Manuel Salgueiriño (14º), Moncho Conde (19º) e Pablo Regueira (20º).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *