Charla informativa «Podoloxía e deporte» no Club Atletismo Porriño

 

 

Este ano temos intención de levar a cabo varias charlas informativas no club relacionadas con aspectos que poidan mellorar a vosa saúde e hábitos na práctica deportiva. A intención é estruturar como 3 ou 4 charlas destas ó ano. Estamos todavía a darlle voltas ás temáticas posteriores, pero como inicio, pensamos que ter en conta os cimentos do noso corpo, é dicir, os pés podería ser un bo punto de partida.

A charla titulada «Podoloxía e deporte«, será impartida por Gabriel Elvira Zorzo, un Podólogo Deportivo e atleta.

De seguro que non será a derradeira charla informativa. A intención é que a partires desta charla, poidan xurdir outras que amplíen o mundo da Podoloxía, ou mesmo que abarquen outras temáticas.

A charla será o mércores 4 de decembro ás 20:00 h. nas instalacións do Club de Atletismo Porriño ó carón de EKO AMA no Polígono Industrial A Granxa. A entrada é totalmente libre e aberta para toda a xente que se queira achegar.

Animádevos a participar,  e por favor, axudádenos a difundir o evento. De seguro que será interesante!.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *