II CARREIRA URBANA “FESTAS DO CRISTO” DO PORRIÑO

II CARREIRA URBANA “FESTAS DO CRISTO” DO PORRIÑO

O Club de Atletismo Porriño, colabora na organización da II Carreira Urbana “Festas do Cristo” no corazón da nosa vila. Esta carreira celebrarase o vindeiro día 30 de setembro de 2011 ás 18:00 h.. En total serán 1.609 m.( 1 milla ) de percorrido para os maiores de 15 anos e 100, 400 e 800 m. para os máis cativos. Na categoría adulta, haberá unha carreira popular e elite.Toda a documentación da carreira a atoparedes na sección habilitada para esta carreira na nosa páxina web. Para anotarvos, só o podedes facer vía online neste link.

Animádevos a participar. É de balde!.

Fonte da fotografía: http://www.xigantes.org

Share this post