II CORRENDO POR VIGO 2013

Esta carreira trae bós recordos ó noso Club, xa que na primeira edición disputada o ano pasado, Santiago López Rodríguez fixo un meritorio segundo posto.

Este ano, ó mesmo tempo en que un grupo de triatletas do Club de Atletismo Porriño atopábase competindo na I Duatlón Cross de Ribadumia, outro grupo voltaba a participar na segunda edición Correndo por Vigo.

Nas categorías inferiores hai que destacar a victoria de Iago Sobreira (na foto), quen posteriormente accedeu a contestar ás preguntas dun periodista da TVG. Podedes acceder á entrevista neste enlace (minuto 43:30 do programa)

Na categoría de adultos, César Pérez Novás cun tempo de 33:01 min., foi o 15º clasificado da xeral e 6º na súa categoría de Veteráns A masculino. Na categoría fémina, a primeira clasificada das adultas foi Sandra Sobreira Otero, cun posto 19ª na xeral feminina e 9ª na categoría Senior Feminina.

Destacamos o papel de Diego Pereiro, Marcos Fernández e Alberto Domínguez, que baixaron dos 38 minutos.

Noraboa a todxs.

Fotografía: Rubén Huertas (Safardatxo).

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *