III Carreira do Cocido en Lalín

III Carreira do Cocido en Lalín

O Concello de Lalín e o Club Escola de Atletsimo Deza celebraron este domingo en Lalín a terceira edición da Carreira do Cocido. Para celebrala, non escolleron mellor data para homenaxear ó cocido que a data de entroido.

A parte mala destas datas do entroido é que a xente non responde de igual modo que o fai normalmente en canto á participación en carreiras. Por este motivo non puidemos levar moitos participantes a esta carreira.

A climatoloxía non acompañou ós nosos participantes, posto que na carreira atopáronse con choiva e vento moi frío. Aínda así, fixemos un gran papel.

Ismael Lago Monroy, está a facer unha tempada magnífica. Subiu ó podio como 2º da categoría senior masculina, cun tempazo de 36:08, quedando no 10º posto da clasificación xeral.

 

Ismael Lago Monroy posando co trofeo xunto ó primeiro e terceiro clasificados.

O segundo representante do club en facer a súa chegada á meta foi Juan Carlos Vidal González, quedando 2º na categoría veterán masculina chegando á meta en 36:36, facendo posto 14º na clasificación xeral.

 

Juan Carlos Vidal  subido ó terceiro posto do podio.

Sandra Sobreira Otero, foi a nosa primeira e única representante facendo un 3º posto na categoría promesa feminina cun tempo de 48:20. Ainda que Sandra está moi acostumada ós logros de subir ó podio pero desta vez non o puido facer polo instenso frío que pasou. O trofeo entregáronllo ó rematar o evento.

José Ramón Conde Torres e Isaías Burlido Borrego chegaron á meta cun tempo de 47:34 e 48:05 respectivamente, deixando á súa “loita irmandiña” axustada e pendente de desenlace en outras participacións.

 

 

 

 

 

Share this post