IX Carreira Xóvenes Atletas 2014

O domingo 23 de febreiro celebrouse a IX edición da Carreira Xóvenes Atletas. Temos unha aposta clara por dar difusión e apoio a este tipo de carreiras adicadas ós máis cativos. Este sempre foi o noso compromiso como club social.

Como andamos moi xustos de tempo estes días previos ó Entroido, non vos imos dar a brasa, e polo tanto imos ser cartesianos!.

Os resultados podedes consultalos eiquí: RESULTADOS IX XOVENES ATLETAS 2014

 

Agradecementos a tódolxs compañeirxs que se achegaron a botar un cable. Dende a primeira ata a última, merecedes un altar!. (na foto non están todxs).

Agradecemos enormemente a tódalas empresas, institucións e organizacións colaboradoras: Concello de O Porriño (en especial á Concellaría de Deportes), Protección Civil, Policía Local de O Porriño, Eurobanan, Panadería Erundina, Bar Celtiña, Polisport, Begano. Esperamos que non nos deixemos a ninguén….

 

Agradecemos especialmente o traballo destes dous personaxes. Graciñas Marta!. Graciñas Rubén!.

Non temos mellor forma de agradecérvolo que difundindo o voso traballo: Fotos de Marta / Fotos de Rubén

 

Agora imos a pola Carreira das Agüiñas….xa veredes, este ano vai a molar!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *