O Club

o club atletismo porriño

Historia e Traxectoria

Desde os seus modestos inicios ala polo ano 1998, o Club Atletismo Porriño experimentou un crecemento constante. Iniciamos o noso camiño con apenas 10 licenzas tramitadas na Federación Galega de Atletismo (FGA), pero ao longo dos anos fomos aumentando os membros e convertemonos nunha parte integral da comunidade deportiva galega.

Enfoque na Promoción e Xuventude

Somos un club amateur cun enfoque claro na promoción do atletismo, especialmente entre os máis cativos. Creemos na importancia de introducir aos nenos, nenas e adolescentes no mundo do deporte, e as nosas escolas e categorías inferiores están deseñadas para achegar as distintas disciplinas do atletismo e triatlón aos máis pequenos.

Diversidade de Disciplinas

Divididos en tres seccións: Atletismo, Trail e Triatlón, abrimos as nosas portas a un amplo grupo de poboación. Desde as categorías máis novas, onde exploramos diversas disciplinas, até as categorías superiores e máster, onde nos centramos nas especialidades máis practicadas, como a media e longa distancia.

Corpo Técnico Cualificado

Contamos cun equipo de adestradores xóvenes altamente cualificados, licenciados en Ciencias do Deporte e con experiencia constatada.

Ademáis, contan co apoio necesario dos auxiliares para axudar a guiar aos nosos atletas no seu desdenvolmemento deportivo.

Orgullecémonos de acompañar aos nosos membros nesta maravillosa travesía de vida e deporte.

Instalacións de Calidade e Seguridade

As nosas instalacións están deseñadas para ofrecer un alto nivel de calidade e seguridade en todalas actividades deportivas. Buscamos crear un entorno onde os nosos atletas poidan alcanzar o seu máximo potencial e gozar plenamente da súa experiencia deportiva.

Aproveitando un entorno privilexiado

Nos atopamos nun entorno privilexiado que aproveitamos ao máximo. Con montañas, ríos e mares ao noso alcance, realizamos actividades que nos apasionan, como rutas pola montaña, sesións de nado no río ou no mar, e saídas en bicicleta por montaña ou en ruta.

Compromiso con Deporte e a Comunidade

O noso club non só se centra no rendemento deportivo, senón tamén no compromiso coa comunidade. Colaboramos entreitamente con institucións educativas e participamos activamente en eventos culturáis e deportivos locais.

No Club Atletismo Porriño, orgullecémonos de ser unha parte activa e vibrante da comunidade, fomentando a paixón polo atletismo ou o triatlón e promovendo un estilo de vida activo e saudable. ¡Únete a nos nesta emocionante travesía!