Estas son as cotas para a tempada 2021:
>Atletismo
Licenza Galega:
Nados entre o 2005-2014 inclusive: 60 €
Nados entre o 2001-2004 inclusive: 90 €
Nados ata o ano 2000: 115 €
>Triatlón / Duatlón
Nados entre o 2005-2014 inclusive: 80 €
Nados entre o 2001-2004 inclusive: 100 €
Nados ata o ano 2000 inclusive: 160 €
>Atletismo (galega)+ Triatlón / Duatlón
Nados entre o 2005-2014 inclusive: 100 €
Nados entre o 2001-2004 inclusive: 160 €
Nados ata o ano 2000 inclusive: 235 €
Nota: Tódalas persoas que queiran adestrar connosco deberán aboar a cota correspondente e terán polo tanto a licenza federativa co seu seguro.
Os atletas nados ata o ano 2000 que non queiran utilizar as instalacións do polígono da Granxa (sen dereito a adestrador, atletas que adestren pola súa conta) aboarán as seguintes cotas:
>Atletismo:
Licenza galega sin adestramento: 75€
>Triatlón/duatlón:
Licenza sen adestramento: 100 €
Os atletas que queiran adestrar nas disciplinas que impartimos no Club Atletismo Porriño, e estean federados por outros clubs que non teñan convenio connosco, non poderan adestrar nas instalacións.
Fraccionamento do pago: 60% do 1 o 15 de xaneiro e o 40% restante do 01 ao 15 de abril.
Descontos: a partires do 3º membro da familia: (Ordenados por idade de maior a menor)
3º 40%
4º 60%
5ª 80 %
6º gratis
Paradas/os: A unidade familiar que teña á nai e o pai en paro, poderán matricular ós seus fillos (nados entre o 2005-2014) sen custe algún. Deberán acreditar esta cirunstancia coas cartillas do paro.
Piscina
Por mor da situación de pandemia, e ata novo aviso, non se farán adestramentos na piscina. Esta actividade reanudarase en canto sexa posible.
>Socios colaboradores
Establécese unha cota de 20 € para a tempada 2020 para toda persoa que queira colaborar co noso Club. Non se inclúen nesta cota as empresas.