Participación de Iria Rodríguez Huertas co Atletismo Feminino Celta

Iria Rodríguez Huertas participou co Atletismo Femenino Celta, nesta fin de semana pasada, na primeira xornada do Campeonato de España de clubes de Primeira División, a proba máis importante a nivel de equipos. A proba celebrouse en Burgos, nas pistas Purificación Santamarta, baixo un intenso frío (4 grados centígrados, e caeron algunhas folerpas), cun vento do norte que chegou a 4 m/s. Iria participou na proba dos 3000 ml, quedando na 5ª posición, lonxe da súa marca, probablemente polo frío e o vento, pero axudando ó equipo para acadar a primeira posición dos catro equipos participantes. O Club Atletismo Femenino Celta agradeceu na súa páxina web a axuda que representamos os clubes asociados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *