Campionato Galego de Cross individual e por equipos en Riveira.

Igual que a pasada fin de semana en Santiago, hoxe voltamos a ver todo un espectáculo de Cross. Chuvia, vento, barro e moita clase!.

Disputábase en Riveira o Campionato Galego de Cross Individual para as categorías senior, promesa, junior e equipos.

Levábamos unha representación de tres atletas para a carreira absoluta feminina individual (senior e promesa). Raja Rizki e Sandra Sobreira corrían na categoría promesa e María Martínez corría na categoría senior. Na carreira absoluta masculina individual (senior e promesa), contábamos con catro representantes; César Pérez Novás, Diego Salgueiriño e Ismael Lago participaban na categoría senior mentras que Diego Paz Sobreira o facía na categoría promesa.

Comenzaron as mulleres a súa proba ás 12:15 h.  correndo unha distancia de aproximadamente 7.000 m..  Presenciamos un dominio absoluto pasado o primeiro tercio da carreira de Solange Andreia Pereira perseguida sempre por Esther Navarrete. Esta foi a tónica de toda a carreira. Mentras tanto, máis atrás, íanse disputando os postos e establecíase algún abandono inesperado. Na conclusión da carreira, Solange Andreia proclamouse merecidamente campioa galega individual senior de campo a través, mentras que Melina Grisela Alonso o facía pola categoría senior. As nosas representantes fixeron un papel estupendo, cun posto 5º e 6º para Sandra Sobreira e Raja Rizki na categoría promesa e un posto 13º para María Martínez na categoría senior.

 

Raja Rizki, María Martínez e Sandra Sobreira despóis de rematar a carreira.

A proba masculina, comenzaba ás 13:00h. para cubrir unha distancia de 11.000 m. aprox.. Dende o comenzo da proba, Pedro Nimo foi absoluto dominador da proba dende o comenzo da proba, levando sempre unha distancia cómoda respecto ós seus perseguidores Lolo Penas e Alejandro Fernández, proclamándose campión galego na categoría senior. Na categoría promesa, a nosa representación obtivo un merecido podio por parte de Diego Sobreira, quen se porclamou subcampión galego de cross por detrás de Uxío Abuín quen fixo unha moi boa proba. Ismael Lago e César Pérez Novás que marcharon xuntos durante todo o traxecto remataron nos postos 43º e 45º que xunto con Diego Salgueiriño no posto 58º culminaron unha estupenda participación.

 

Cesar Pérez Novás, Diego Salgueiriño, Ismael Lago e Diego Paz Sobreira ó rematar a proba.

Felicitamos a Diego Paz Sobreira e ó seu adestrador Daniel Mouriño polo subcampionato galego de cross conseguido na categoría promesa. Estamos moi contentxs!.

 

Diego Paz Sobreira, subcampión galego de cross promesa.

Felicitamos a Solange Pereira, Melina Grisela Alonso, Pedro Nimo e Uxío Abuín polos seus campionatos nas súas categorías e por dar unha leccíón de moita clase sobre o barro nunhas condicións climatolóxicas totalmente adversas. Noraboa, campionas!. Noraboa campións!.

 

Así quedou o noso paraugas.

Fotos da carreira eiquí.

Resultados da carreira eiquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *