Campionato Galego Cadete Pista ó Aire Libre

Campionato Galego Cadete Pista ó Aire Libre

Despóis de disputar pola mañá o Campionato Galego da Milla en Ruta en Padrón, pola tarde Iria Rodríguez Huertas competía en Ourense na proba de 600 ML no Campionato Galego Cadete de Pista ó Aire Libre (AL). Chegaba bastante fatigada da proba da mañá, aínda que na milla non se esforzou ó máximo, pensando na proba da tarde. Eran 17 rapazas, alguna con marca por debaixo de 1.40. Incríblemente, os xuíces fixeron competir a todas xuntas, e a derradeira en ser chamada para colocarse na saída foi Iria, polo que lle tocou o peor sitio na rúa de fóra.

 

Iria Rodríguez Huertas durante a proba

Fixo unha moi boa saída, evitando tropezos, e marchou enseguida do resto, agás de Elba Vélez, de Atlética Lucense, que se mantivo pegada a Iria ata o 400, onde xa non puido seguir o seu ritmo. A pesares de aforuxar un pouco polo canzanzo nos derradeiros 40-50 últimos metros, acabou cun tempo de 1.37.80, a mellor marca galega da tempada e a terceira mellor marca do ano a nivel nacional. A segunda fixo 1.39.10, e a terceira 1.51.82, o que nos ilustra o que foi a carreira. Parabéns para Iria , Dani como adestrador e o Club Atletismo Porriño

Foto de Iria Rodríguez Huertas no podio.

 

 

 

 

 

 

Share this post