XVIII Carreira Pedestre San Martiño de Bueu, 2013

Baixo a choiva, disputouse a XVIII Carreira Pedestre San Martiño de Bueu, onde o club estivo representado por varios atletas que tiveron que percorrer 6km, en tres voltas a un circuito urbano, chá e rápido no circuito absoluto, mentras que os máis cativos, acurtaban este percorrido.

Nas carreiras infantiles, participaron varios atletas cativos do club. Xavier Pérez (2º) e Sabela Guisande (10ª) participaron na categoría minibenxamín. Noa Burgos (9ª) o fixo na categoría benxamín, Carla Guisande (5ª) e Laura alonso (6ª) o fixeron na categoría alevín e completou Yago López Sousa logrou un 2º posto en infantil masculino.

A carreira  absoluta era curta, polo que convidaba a saír rápido dende o principio. Houbo unha dura loita entre Prieto, Riobó e Martínez que o final levou Prieto por un suspiro na liña de meta.

 

César na segunda volta

Fotografía: Rober Santos

 

Os nosos atletas fixeron uns bos resultados, destacando a César Pérez Novás (8º), que a vindeira semana disputa a maratón de Valencia, proba que leva preparando con esforzo.

Por detrás del, entraron Iago Sobreira (31º) facendo 2º posto na categoría xuveníl masculino, José Antonio Burgos (35º), Diego Salgueiriño (38º), Marcos Fernández (46º), José Manuel Salgueiriño (142º), Sandra Sobreira (144º) e Irene Sobreira (205º).


Jose Antonio Burgos entrando en linea de meta
Fotografía: Rober Santos


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *