XX CROSS ESCOLAR STA. MARIÑA DE VINCIOS

O venres pola tarde, coincidindo co día das Letras Galegas, unha pequena representación do noso club desplazouse ata Vincios para participar noutra carreira incluida dentro do calendario de Xóvenes Atletas.

Foi unha xornada de éxitos xa que os catro cativos que participaron pola nosa parte, conseguiron subir ó podio.

Na categoría alevín masculino, Yago López Sousa proclamouse campión da proba, seguido de Pablo Almeida que rematou na 5ª posición.

Iago López Sousa (esquerda) e Pablo Almeida (dereita)

Na categoría benxamín feminino, Laura Alonso González conseguiu a 3ª plaza seguida de Uxía Rodríguez Huertas que subiu o podio en 6ª posición.

 

Laura Alonso (esquerda) e Uxía Rodríguez (dereita)

E xa na carreira de pais e nais, a nosa Presidenta Aurora Sousa, conseguiu subir por primeira vez o podio, rematando 3ª, nunha distancia de 500 m.

Aurora Sousa, a nosa Presidenta no podio.

Agradecementos a Gelu González por facilitarnos as fotos dos podios.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *