Santiago López Rodriguez do atletismo Porriño,campion no XXVII MM Memorial Adolfo Ros-MM de Ferrol

 

 

Santiago López Rodríguez, atleta do Club Atletismo Porriño, proclamouse campión da “XXVII Media Maratón Memorial Adolfo Ros-MM de Ferroll 2012” disputada na localidade de Ferrol o domingo 16 de decembro. Santi realizou practicamente toda a carreira en solitario marcando no crono un estupendo tempo de 1 h:08 min:44seg. a súa chegada a meta, mellorando a sua mellor marca, conseguida en novembro na media de Villagarcia, rebaixando 9 seg. Con esta nova victoria Santiago López, segue  demostrando o seu gran estado de forma.

Alegrámonos moito por Santi, posto que supón un recoñecemento ó seu traballo e esforzo diario. O ten ben merecido. Noraboa Campión!.

Fotografía: La Voz de Galicia.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *