XXXIV CROSS ESCOLAR MOSTEIRO BEMBRIVE

Fotografía: Aurora Sousa Rodríguez

Hoxe disputouse en Vigo outra xornada de atletismo escolar, onde os nosos cativos voltaron a competir con moita ilusión e conseguindo varios podios para o club.

Comezando pola categoría maior, David Burgos Argibay proclamouse campión da proba Infantil Masculino dándonos o 1º podio.

Na categoría Alevín masculino, outra semana máis, Yago López Sousa tamén conseguiu subir ó máis alto do podium, seguido de Pablo Almeida Seoane ( 4º) e Iván Porto Fernández (7º). En féminas, Laura Mazoy García quedou 6ª seguida de Carla Guisande Vieito que rematou 8ª.

En benxamines masculino Nicolas Mazoy García, onde esta vez saiu a por todas, conseguiu  gañar a súa proba na que tamén participou Diego Rodríguez Rodríguez (10º). As cativas benxaminas Laura Alonso Gonzalez e Laura María Mira Juarez acadaron a 2ª e 8ª plaza respectivamente.

E os mais cativos do club, Álex Rodríguez Lorenzo acabou 3º, seguido de Iker Diz Lopez 9º na categoría de Prebenxamin masculino.

Como noutras probas escolares e vendo a animación dos pais por participar, o colexio organizou unha carreira para que as/os nais/pais vexan o esforzo que fan os cativos nas carreiras, onde voltaron a participar José Antonio Burgos Rey conseguindo a 3ª plaza e Aurora Sousa Rodriguez a 4ª plaza nunha distancia de 1.100 metros.

Noraboa a todxs e a seguir participando.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *