36º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

36º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

O pasado domingo 24 de marzo, disputouse en San Miguel de Oia – Vigo a 36ª edición da tradicional Carreira de Campo a Través San Miguel de Oia.

Acudíamos con participación en diversas categorías, conseguindo 3 podios.

O primeiro podio do club foi para Xabier Pérez Sousa, que comenzou este ano a disputar probas e está facendo unhas magníficas carreiras. Logrou a 2ª praza na categoría prebenxamín masculina, percorrendo os 527 m. en 2:20. Posteriormente, chegaría Iker Diz López na posición 12ª; Iker estreábase na competición cun tempo de 2:39.

Nicolás Mazoy Fernández logrou a 4ª praza na categoría benxamín masculina, percorrendo os 1.075 m. de circuito en 4:22. Na 6ª posición chegou Diego Rodríguez Rodríguez cun tempo de 4:29.

Na categoría alevín masculina, Pablo Almeida Seoane e Iván Porto Fernández lograron a 5ª e 6ª praza respectivamente cun tempo de 4:07 e 4:09 nos 1075 m. en que consistía a proba. Na carreira feminina, Carla Guisande Vieito logrou a 9ª posición cun tempo de 4:41 cubrindo a mesma distancia que a categoría masculina.

Na categoría infantil masculina, Nicolás Guisande Vieito acadou a 9ª posición, percorrendo os 2.100 m. en 9:34.

O segundo podio que logrou o club o conseguiu unha vez máis Iria Rodríguez Huertas na categoría cadete feminina, marcando un tempo de 7:42 mps 2.100 m. de circuito.

O terceiro podio acadouno César Pérez Novás que está a realizar unha magnífica tempada. César conseguiu o 2ª posto na categoría B masculina, rematando os 9.000 m. de circuito en 27:50 e quedando en 4ª posición na categoría absoluta.

César Pérez Novás 4º clasificado na proba absoluta.

Foto de Serafín Costas Iglesias

Share this post