FIN DE SEMANA DE ÉXITOS D@S NOS@S ATLETAS

FIN DE SEMANA DE ÉXITOS D@S NOS@S ATLETAS

 

 

Foto extraída do álbum de picasa d@s nos@s compañeir@s de Agrudebam.

CATEGORÍAS MENORES


O pasado sábado 27 de novembro disputouse nas novas instalacións de “A Macoca”, en Tui, o Campionato Zonal de Campo a Través Escolar, organizado marabillosamente ben -coma sempre- por AgruDeBaM (Agrupación Deportiva Baixo Miño). Algo máis de 400 rapaces e rapazas chegados de Tui, Tomiño, O Rosal e Tomiño, en idades desde Benxamín ata Cadete, competiron nunha soleada pero algo fría mañá .

Con respecto ós nosos atletas, dicir que a Benxamín Feminina de primer ano Carla Guisande Vieito quedou 18ª, mentres o Benxamín masculino de segundo ano Yago López Sousa foi capaz de gañar nos últimos metros nunha emocionante carreira, subindo ó máis alto do podium. En categoría Alevín Feminina, Antía Fernández Fernández quedou terceira, remontando posicións desde a saída. En Alevín Masculino, Yago Martínez Nogueira ocupou a 12ª posición, aínda que nesta carreira tamén participou co seu Colexio Pedro Caselles o atleta do Club David Burgos Argibay, que quedou terceiro.

En Categoría Infantil Feminina, participaron Iria e Chari, quedando 1ª e 4ª respectivamente, mentres que en Infantil Masculino, Héctor ocupou tamén a 1ª posición, a pesares de chegar case coa hora xusta para correr, o que lle otorga máis mérito á súa victoria. En categoría Cadete Feminina, Uxía, Rocío, Erea, María e Miriam, cinco en total de doce participantes, ocuparon a 2ª, 3ª, 4ª, 8ª e 10ª posición respectivamente, gañando con todo merecemento a clasificación por equipos. E os Cadete Masculino non quixeron ser menos, xa que os nosos tres representantes, Carlos, Mario e Diego, tamén gañaron por equipos, quedando 2º, 4º e 7º respectivamente.

E, por se non chegaba, o domingo 28 de novembro pola mañá participaron Rasha, Héctor, Iria e Antía no 32º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través -sen choiva este ano-, nun circuito diferente ó das últimas edicións. Rasha foi terceira en Xúnior Feminina, por detrás de dúas atletas portuguesas, mentres que Héctor acadou unha meritoria 4ª posición en Infantil Masculino, pagando un pouco o esforzo do día anterior. Iria gañou a súa carreira de Infantil Feminino, e Antía fixo unha bonita carreira de menos a máis para rematar vixésima en Alevín Feminina.


CATEGORÍAS MAIORES


O mesmo Domingo, o noso Club facía presencia na VII edición Dragomán en Vilafranca do Bierzo (León), adicada este ano á memoria do benquerido Julián Bernal. Juan Carlos Vidal González lograba o posto 48º na clasificación xeral e un merecidísimo 16º posto na categoría veteráns 40 masculino. Polo comentado polo noso atleta, en canto á organización e trato recibido, anima a pensar nunha nova participación para o ano que ven. Info sobre a proba: http://www.dragoman.es/

 


Share this post