La Copa de Europa

La Copa de Europa

Cando chegaba cada un dos colegas do Club Atletismo á meta do I Desafío Illas Cíes fun a xunta deles a darlle un abrazo. Levo tempo compartindo con eles tardes veraniegas vendo todo o traballo que leva cada un deles en grupo e a soas.

Eu, xunto con Isaías imos ó noso rollo. Eles xa non. Son máis metódicos, disciplinados e de retos duros. Hoxe tocáballe a todos eles un 1/2 Ironman.

Despois de rematar a proba, fomos todxs a tomar unhas cañas ó campo de fútbol a carón da liña de chegada. Alí conversamos e botamos unhas risas. Tratábase diso. Sempre se trata diso!… A maioría deles, sabe diferenciar o que é un reto, afrontalo e rematalo, para posteriormente rirse do que supón, incluso rirse dun mesmo.

 

Cando estábamos en medio da charla, acerqueime a Víctor para comentarlle que hoxe xa lle podía botar unha man coa web do Club. Levo un par de semanas ausente e polo tanto, Víctor leva un par de semanas de traballo intenso na web e redes sociais.

– Fai ti a crónica!, dime.

– Coñazo, penso eu (non llo digo).

Veño de volta no coche pensando en qué podo redactar, e se realmente son eu a persoa apropiada para transformar os sentimentos de cada un deles neste reto.

Non son un tipo de deporte, nin sequera sei de qué carallo van estes retos, pensei!.

Mentras vou pasando as fotos fixas da carreira pola cabeza, doume de conta que a letra da canción que estou a escoitar no coche a todo volume mistúrase dunha forma curiosa coas imaxes da carreira.

Estaba escoitando “La Copa de Europa“, do disco “Una semana en el motor de un autobús” de Los Planetas.

Extrapolando a temática da canción no disco en cuestión, pensaba que o tema podería ser un bo resumo das buscas de motivacións persoais de cada un deles para un reto desta envergadura…

Pois aí queda!:

… “En vez de aceptar lo que viene de fuera,
en lugar de contar lo que queda,
desde ahora hasta el día en que me muera
por lo menos cabrá la sorpresa.
Algo nuevo,
algo aún por descubrir,
algo dentro de mí,
dentro de mí”…

A medida que a canción avanza, vai gañando en intensidade e os golpes de batería son rotundos e separan cada imaxe.

Golpeo

Golpeo

Quique

Gago

Gil

David


Berto

Miguel

Diego

Pablo Regueira


Felipe

Michi


Pablo Soto

Josiño

Víctor

(o sinto Óscar, non teño foto)

Óscar

…”Cuánto tiempo he perdido ahí afuera,
cuanto por descubrir en mi cabeza.
Es tan vasto
que da casi pereza.
Casi pienso que no tengo fuerzas
para hacerlo
y encontrar dentro de mí
algo nuevo.”

 

Espero que o topárades…

Noraboa!!.


 


 

Share this post