Onte Santiago López Rodríguez (Santi), do Club Atletismo Porriño, proclamouse campión da recuperada Media Maratón de Vigo, que neste ano facía a edición XVI.
Esta proba contou entre outros coa participación do ex campión de martón Abel Antón.
Santi que foi domiñador da proba, rematou a mesma cun tempo de 1 h. 10 min. e 10 segundos, facendo o último tramo (dende o km. 18,5) con molestias, o que fai si cabe máis épica a victoria.
Podedes visualizar eiquí a chegada en fotos.
Tódalas fotos de : Tresyuno Comunicación extraída de www.vigoalminuto.com
Fontes da nova: Safardatxo, La Voz de Galicia, Vigoalminuto.