6 medallas para Iria no Campionato Galego de Natación Júnior de Inverno

Iria, segunda pola esquerda xunto ás súas compañeiras de relevo 4×100 libres.

Celebrouse en Ourense durante tres días o Campionato Galego de Natación Júnior de Inverno. Nel participou Iria, nadando 4 probas individuais e tres remudas, acadando un ouro, unha prata e dous bronces nas individuais e dous bronces nas remudas. Moito mérito, porque neste campionato Iria é Júnior de primeiro ano, e porque o seu nivel de adestramento non chega á metade do resto das participantes, xa que debe alternar co atletismo. Xuntanselle neste mes de febreiro varios campionatos galegos, e agora dous campionatos de España: o viendeiro domingo 23 de febreiro o Campionato de España de Campo a Través por CC.AA., en Móstoles (Madrid), no que ten postas moitas esperanzas, e sen solución de continuidade o Campionato de España de Natación Júnior de Inverno, a celebrar en Pontevedra a semana seguinte, de xoves a domingo. Moito ánimo, que como dicimos no club, “o esforzo sempre ten recompensa”.

Crónica e foto: José Antonio Rodríguez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *