Andrés López Torres 3º do Mundo en Triatlón Cross
De esquerda a dereita: Antonio Alix (2º Clas.), Johan Neevel (1º Clas.) e Andrés López Torres (3º Clas.)
O que fixo Andrés López Torres o pasado 30 de abril define perfectamente a esencia deste Club; unha familia modesta de xente de moitos lugares que se despraza nos seus vehículos particulares a distintos puntos da xeografía e que eleva o nome do Porriño ós podios alá onde participen; todo isto con pouco ruído mediático pero con moito esforzo físico e económico.
Así, Andrés ( Vilagarcía de Arousa ) con 47 anos de idade, tal e como fai normalmente cando hai unha proba a tiro, colleu o seu coche particular na pasada semana santa e fixo unha chea de quilómetros para plantarse na proba mundial en Extremadura. Alí celebrábase o Campionato do Mundo de Triatlón Cross no “Anillo de Extremadura” situado en Cáceres. Participando nos grupos de idade entre 45 e 49 anos, fixo unha excelente proba realizando os 1000 metros de natación, os 20 Km. de Ciclismo e os 6 Km. de Carreira a pé en 0h:16min:29seg, 1h:09min:30seg e 0h:23min:38seg respectivamente para rematar cun total de 1h:51min:56seg e alzarse ó terceiro posto mundial que nos deixa orgulliosísimos a toda a familia Porriñesa.
Esta clase de atletas, deberían terse máis en conta cando dende calquera administración se fala de subvencionar o deporte, xa que eles tanto como os novos talentos transmiten ós máis cativos valores moi positivos na práctica do deporte que sendo na modalidade de triatlón, aínda temos máis motivos para eloxialo.
Dende o Club de Atletismo Porriño, só podemos agradecerlle o pertencer a esta familia. Esperemos que sexa por moitos anos!.
Moitas gracias, Andrés.
Eres un campión dentro e fora das pistas!.