IV TRIATLÓN CONCELLO DE ARTEIXO 2014

IV TRIATLÓN CONCELLO DE ARTEIXO 2014

O domingo celebrouse a segunda proba clasificatoria do Campionato Galego de Triatlón na localidade de Arteixo, coa participación de trescentos deportistas, catro deles do noso club.

Ata alí achegáronse María Martínez, Santiago Romero, Ismael Lago e Brais Misa, a disfruar da proba.

Proba complicada polo estado da mar, con olas que superaban o metro de altura, causa que facia moi complicada a entrada e saída do sector da natación.

Arteixo 2014

O primeiro en competir foi Santiago Romero, que camiño da primeira transción comentoulle ó resto da xente que se preparan para un lavado con centrifugado!…… o humor nunca desaparece nél.

O sector da bici tiña os seus repeitos, que facían doer as pernas e coas mesmas, afrontabas o ultimo sector de 5km a pé.

A segunda en sair foi María Martínez, que o pasou como unha nena na agua. Estaba no seu medio. Rematou en cuarta posición final.

E por último sairon Isma e Brais, facendo unha boa carreira.

Cronica : María Martínez e Atletismo Porriño

 

Share this post