Un ano máis, as baixas temperaturas facíanse co protagonismo absoluto na antesala dunha nova edición da Carreira Nocturna Solidaria de Bembrive. Presumíase polo tanto, unha noite xélida na tan particular e hospitalaria pedanía viguesa; toda a xelidez ía a menos a medida que transcurrían os minutos e a calor solidaria dos participantes que se achegaban facíase máis latente; un mar de solidariedade transformada en centos de kilos de alimentos non perecedeiros, que un ano máis, con total seguridade fixeron rebosar as arcas da organización, á que debemos reverenciar.
Miguel Gil, Roberto Alonso, Marcos Francés e Rubén Sío durante o quecemento.
No aspecto deportivo, debemos destacar en primeiro lugar a notable representación que o Atletismo Porriño tivo neste clásico evento, demostrando unha vez máis que a maiores do aspecto deportivo, esta entidade promove entre os seus atletas e o seu entorno máis próximo valores sociáis que como a humanidade e a solidariedade, son tan necesarios na nosa sociedade.
Choiva de trofeos recompensaron a valentía que os nosos atletas demostraron desafiando o intenso e penetrante frío; así debemos destacar os podios de Iago Sobreira (1º) en Xunior masculino, Sandra Sobreira (1ª) en Senior feminino, Ismael Lago (3º) en Senior masculino, Marcos Francés (3º) en Veteráns B masculino.
No resto da participación, Burgos foi 14º (4º na categoría Veteráns B), Roberto Alonso (18º), Rubén Sío (35º), Miguel Gil (53º), Diego Pereiro (78º), Mónica Pena (122ª) e Irene Sobreira (134ª).
Isma Lago (saudando) e Marcos Francés no podio.
Fotografía: Roberto Alonso e Rafael Fernández Álvarez.
Crónica: Roberto Alonso. Editada polo Club Atletismo Porriño