Triatlón de Porriño 2016

Triatlón de Porriño 2016

Este sábado 28 de maio disputouse o IV triatlón concello de Porriño, un triatlón único xa que une as localidades de Tui con Porriño .

Parte dos trileros
Parte dos trileros

O número de participantes foi de 25 mulleres e 228 homes, ainda que si o tempo acompañara seguro que a participación sería superior. ( parece ser que para o sábado había alerta polo temporal,  é o que ten vivir no norte de España)

A organización da proba foi moi boa, aínda que ao ter que cambiar a zona de transición 2 para o polideportivo non foi tan vistosa para o público, eso si, o lado positivo de este cambio era chegar e poder poñer as zapatillas de correr sen estar molladas.

Debido a que é o triatlón da nosa casa a participación do Clube Atletismo Porriño  foi importante, participando no mesmo un total de 3 valentes trileras ( Iria, Sandra e Rocio) que o fixeron estupendamente.

Pola parte masculina tomamos a salida 24 trileros, ( Xacob, Diego Pereiro, Eu, Manu, Iago, Jorge, Cesar, Marcos Francés, Pablo Soto, Berto, Santi, Josiño, Oscar, Mckay, Michi, Pablo Regueira, Ramon, Felipe, Pablo Miguez, Miguel, Isidro, Dani, David Dguez, Victor , Salgueiriño, e Ruben .)

Iria gañou a proba con bastante facilidade ( ou eso é o que puidemos observar, desde fora parece fácil), Sandra fixo moi boa carreira, e Rocio debutou no peor escenario posible de natación, co cal si fixo este triatlon pode facer calquera. NORABOA as 3.

 

 

Fotos: Irene Sobreira

Fotografías: fotos

Share this post