Campionato de España de Tríatlon escolar 2015

Campionato de España de Tríatlon escolar 2015

Iria Rodríguez Huertas participou no Campionato de España de Tríatlon escolar que se celebrou os días 27 e 28 de xuño en Águilas (Murcia). Despois duns días de concentración co resto do equipo no Centro de Tecnificación de Pontevedra, partiron o xoves pola noite en bus con moita ilusión.

O sábado celebrouse a proba individual: 750 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carrera a pe. Iria formaba parte dun grupo de 7 triatletas que perseguían a dúas escapadas, Ana Carvajal e Lucía Salafranca, nun circuito de bici algo complicado polas continuas caídas . Na última parte da carreira a pe, Iria logrou superar á Andaluza, Ana Carvajal, acadando a medalla de prata nesta proba.

IMG_20150627_124903

O domingo foi o turno da proba de relevos mixtos: 2 homes e 2 mulleres. Cada triatleta tiña que facer 300 metros de natación, 6 quilómetros de bicicleta e 1,5 de carreira a pe. O equipo A, do que formaba parte Iria, xunto con Raquel Ruíz, Alex Pardo e Marcos Ruíz, acadou o cuarto posto. O equipo B, formado por Rebeca Carnota, Víctor Souto, Inés Castaño e Manuel Rey, remataron en oitava posición. Polo que, Galicia logrou a medalla de bronce, detrás de Andalucía e Madrid que foron Ouro e Prata, respectivamente.

Proxima parada el Campinato de Europa Youth de Tríatlon que se celebrará en Baynoles en el mes de Julio.

IMG_0420
Crónica: Begoña
Fotos: Begoña

Share this post